Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de mayo de 2019 | Leída 39 veces

Inicio da campaña do PP da Laracha

O Partido Popular da Laracha presentou na tarde-noite do xoves a súa candidatura ás eleccións locais do vindeiro 26 de maio co equipo liderado por José Manuel López Varela. Tamén interviñeron o presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez...

[Img #48440]

 

O acto desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha ante 200 persoas. O candidato, José Manuel López Varela, fixo unha valoración dos logros da xestión municipal nos últimos catro anos e expuxo as súas propostas de futuro para o concello da Laracha.

 

Entre o feito, destacou o impulso ao parque empresarial e avanzou a necesidade de pensar nunha ampliación do solo industrial. Tamén fixo referencia á ampliación do colexio da Laracha, mellora do centro médico, creación de novas prazas públicas nas parroquias, novas pistas polideportivas descubertas e parques biosaudables, construción de sendas peonís, humanización de rúas, posta en valor do patrimonio histórico, ampliación da depuradora e programas de referencia nacional no apoio á conciliación e de loita contra a violencia de xénero.

 

Como proxectos de futuro salientou a segunda fase de ampliación do colexio da Laracha, dotación con céspede artificial ó campo de fútbol do colexio de Paiosaco, creación do centro comunitario de Caión, mellora das estradas entre A Laracha e Paiosaco con Caión e Soandres, ampliación da área recreativa de Gabenlle, posta en valor de novos entornos naturais, creación dun parque canino na Laracha, construción dunha pista de skate e desenvolvemento dun amplo plan de eficiencia enerxética na iluminación pública. Todo iso coa premisa de ter os mínimos impostos municipais esixibles por lei e coas tarifas máis baixas permitidas.

 

"Temos claro o que queremos facer e, o que é máis importante, sabemos como facelo". Con esa frase concluíu José Manuel López Varela a súa intervención arroupado polas outras 26 persoas que forman a candidatura do Partido Popular da Laracha.

 

Á medianoite o equipo do PP da Laracha iniciou a campaña electoral coa colocación dos carteis.

 

Acompáñase neste correo o díptico cun resumo das propostas do Partido Popular da Laracha. O programa completo pode consultarse na web www.ppalaracha.gal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress