Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de mayo de 2019 | Leída 17 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

González Formoso felicita a Aspanaes por “40 anos traballando pola inclusión das persoas con TEA”

O presidente da Deputación participou en Palexco na inauguración do II Congreso Internacional da entidade, que reúne a perstixiosos especialistas de nivel internacional. Formoso lembra que unha de cada 100 persoas que nacen en Europa padecerá TEA e sostén que “a información, a orientación, a atención temperá e o apoio psicoeducativo son claves para garantir o seu futuro”...

[Img #48438]

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, felicitou onte aos responsables de ASPANAES no seu 40 aniversario pola súa “contribución a mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias”.

 

“Parabéns por estes 40 anos traballando incansablemente pola inclusión, ofrecendo apoio constante ás persoas con TEA e favorecendo o coñecemento do autismo por parte da sociedade coruñesa”, afirmou o presidente provincial, que hoxe participou xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e a presidenta da entidade, María Jose Álvarez, na ianuguración do II Congreso Internacional de Aspanaes.

 

González Formoso destacou “o inxente traballo” levado a acabo pola entidade, fundada por seis familias ha catro décadas e que hoxe presta servizo a máis de 550 familias na provincia da Coruñazaza. “O traballo constante dá os seus froitos . Hoxe sodes un exemplo a aseguir e merecedes todo o apoio que vos poidamos prestar dende as institucións públicas”, afirmou.

 

O presidente da Deputación lembrou que “unha de cada 100 persoas que nace en Europa padecerá TEA” e sostivo que a información, a orientación, a atención temperá e o apoio psicoeducativo son claves para garantir o seu futuro”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress