Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de mayo de 2019 | Leída 18 veces
CARRAL

Campaña libros solidarios na Festa do Pan - Carral homenaxea a antón fraguas nas letras galegas

Ao igual que en edicións anteriores, a Festa do Pan de Carral acollerá unha carpa para a campaña Libros Solidarios que organizan as Bibliotecas municipais, na que se poderá facer o troco de libros por alimentos ou produtos de hixiene. O departamento de Cultura do Concello ven de instalar en diversos puntos de Carral, paneis divulgativos sobre Antonio Fraguas Fraguas, importante persoeiro da cultura galega ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas...

Campaña libros solidarios na Festa do Pan

Ao igual que en edicións anteriores, a Festa do Pan de Carral acollerá unha carpa para a campaña Libros Solidarios que organizan as Bibliotecas municipais, na que se poderá facer o troco de libros por alimentos ou produtos de hixiene.

 

Durante case un mes numerosas persoas cederon libros para esta campaña, e na festa quen queira levar de balde algúns destes exemplares, poderao facer se cede produtos de alimentación non perecedeiros ou de hixiene persoal, que posteriormente serán xestionados polos Servizos Sociais municipais.

 

A carpa dos Libros Solidarios estará aberta de 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h.

 

 

Carral homenaxea a antón fraguas nas letras galegas

O departamento de Cultura do Concello ven de instalar en diversos puntos de Carral, paneis divulgativos sobre Antonio Fraguas Fraguas, importante persoeiro da cultura galega ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

 

Fraguas foi un dos principais investigadores nas áreas da historia, do folclore e da etnografía de Galicia. A súa obra é incontable e o seu activismo foi incansable, destacando como director do Museo do Pobo Galego, do que foi impulsor. En Carral o centro municipal de Formación leva o seu nome como recoñecemento á súa labor investigadora e divulgadora.

 

No mes das Letras Galegas. ademais dos paneis polas rúas, a Casa da Cultura acollerá unha exposición sobre Antón Fraguas, escolares de primaria e da ESO de Carral recibirán de agasallo da Concellería de Cultura exemplares dos libros Made in Galiza, de Sechu Sende, e O fillo do Rei e outros contos populares, e serán espectadores de Canta miña pedra canta a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita, e de Language Planning de Os Quinquilláns.

 

O premio de poesía Concello de Carral é outro dos eventos importantes que se leva a cabo no marco das Letras Galegas. A vindeira semana o xurado elixirá a obra gañadora da 22ª edición do certame, facendo entrega do premio no acto que terá lugar o 31 de maio. O mesmo acto será o de presentación do libro As bicis, de Xabier Cid, gañador no 2018. Como colofón ao acto, actuará Teatro do Atlántico co seu espectáculo poético De abrentes e ocasos. Na mesma semana tamén terá lugar a entrega de premios e agasallos a todos os participantes dos concursos escolar e xuvenil de poesía.

 

É un completo programa de actividades que servirá para contribuír ao coñecemento da figura de Antón Fraguas e de promoción da nosa lingua e literatura.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress