Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 10 de mayo de 2019 | Leída 40 veces
PSOG-PSOE

“Onte pola noite iniciamos a campaña electoral con ilusión e coa responsabilidade de saber que somos a única alternativa real ao Goberno do PP”

Durante os próximos días o PSdeG-PSOE manterá encontros coa veciñanza das diferentes parroquias para explicarlles un proxecto “que pon no centro ás persoas” e responderá as súas dúbidas...

Onte pola noite comezou a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis. O PSdeG-PSOE de Arteixo, afronta estes quince días cara o 26 de maio “con ilusión e coa responsabilidade de saber que somos a única alternativa real ao Goberno do PP, que despois de oito anos chegan a estes comicios cun proxecto esgotado e coa única intención de defender os seus soldos”, afirma Martín Seco.

 

O candidato á Alcaldía de Arteixo, subliña que os socialistas defenden un programa ambicioso e real. Pensado para “cubrir as necesidades reais da nosa veciñanza” e construír así entre todos e todas “o Arteixo que queremos”.

 

Ao longo destas dúas semanas, os e as integrantes da candidatura do PSdeG-PSOE, con Martín Seco á cabeza, explicarán o seu proxecto á cidadanía. Nestes encontros, o candidato socialista responderá as dúbidas dos veciños e veciñas.

 

Estes encontros coa veciñanza comezarán mañá na Lagoa e continuarán esta semana en A Cachada, Monteagudo; Lañas e Barrañán.

 

Axenda actos electorais

Venres 10 de maio

  • 20:30 horas: Encontro coa veciñanza na Lagoa

 

Sábado 11 de maio

  • 10:30 horas: Reparto información electoral na feira de Arteixo
  • 19:30 horas: Encontro coa veciñanza na Cachada
  • 21:00 horas: Encontro coa veciñanza Monteagudo

 

Domingo 12 de maio

  • 12:00 horas: Encontro coa veciñanza en Lañas
  • 20:30 horas: Encontro coa veciñanza en Barrañán
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress