Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 10 de mayo de 2019 | Leída 43 veces

José Pazos, gañador do concurso Xurxo Lobato de fotografía pola colec-ción ‘Tempestade-Entretempo-Rexurdimento’

O alumno coruñes foi premiado pola colección ‘Tempestade – Entretempo – Rexurdimento’, na que o xurado valorou a orixinalidade, a boa realiza-ción, a capacidade narrativa e o rescate da estética postmoderna dos oiten-ta. Os premios, están convocados pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos, presidida por Xosé Antón Fraga, e diríxense ao alumnado de secundaria de Galicia. Conta co apoio de GADIS e o Concello da Coruña. Nesta 14ª edición presentáronse 450 fotografías de 191 participantes pro-cedentes de centros educativos de toda a xeografía galega...

[Img #48429]A colección ‘Tempestade – Entretempo – Rexurdimento’, do alumno do IES de Monelos José Pazos Pérez, foi a gañadora da 14ª edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, que onte celebrou a súa entrega de galardóns no IES Monelos da Coruña.

 

O concurso, dirixido aos alumnos de educación secundaria de Galicia e que organiza a Asociación de Amigos do Instituto de Monelos, pretende favorecer a promoción de novos valores que ven na fotografía un xeito de creación. Dende o seu inicio en 2004, este certame vén ocupando un posto destacado entre os eventos que promocionan a fotografía entre a mocidade galega, do que é boa mostra a elevada participación. Na presente edición, concorreron a este concurso fotográfico un total de 450 traballos de 191 participantes, dos que un 52% foron artistas mulleres.

 

Capacidade narrativa e estética dos 80’

No traballo gañador de José Pazos Pérez, o xurado valorou “a orixinalidade, a boa realización, a capacidade narrativa e o rescate da estética postmoderna dos oitenta” da colección de fotografías ‘Tempestade – Entretempo – Rexurdimento’.

 

O segundo premio foi para Douglas Bolivar, do IES Alfonso X o Sabio (Cambre); e o terceiro para Paula Sanchoyerto Rodríguez, do IES Castro de Baronceli (Verín). Así mesmo, foi premiada cunha bolsa Paula Pita Varela, do IES Monelos (A Coruña).

 

O xurado outorgou tamén cinco accésits para Nee Barros Fernández, do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra); Miguel Suarez Bouzo, do Colegio El Castro (Vigo); Lucía Trillo Costa, do IES Monelos (A Coruña); Catuxa Martínez Ordoñez, do IES Adormideras (A Coruña; e Brais Míguez Figueiras, do IES Monte da Vila (O Grove).

 

Tamén resultaron finalistas: Sergio Pérez González, CIFP Imaxe e Son (A Coruña); Raquel Rodríguez Pardo, EASD Mestre Mateo (Santiago); Lidia Quintela Rial, EASD Mestre Mateo (Santiago); Gloria Iglesias Grobas, CPI Xanceda Media (Mesía); Catuxa Martínez Ordoñez, IES Adormideras (A Coruña); Andrea Gacio García, IES Lucus Augusti (Lugo); Adela Pita Varela, IES Adormideras (A Coruña); Valeria Trillo  Rial, IES Zalaeta (A Coruña); Anxo Fernandez Rodriguez, IES Monelos (A Coruña); Mirko Vigna Palmioli, IES Adormideras (A Coruña); Andres Arnedo Fernandez, Centro EPA (Pontevedra); Alba Lata Rey, IES As Mariñas (Betanzos); Raquel Alvarez Prieto, IES Monelos (A Coruña); Alicia Castro Oroza, IES Arcebispo Xelmirez (Santiago); Jesus Figueroa Pena, IES Imaxe e Son (A Coruña); e Mar Calvo Gonzalez, IES As Mariñas (Betanzos).

 

O xurado do concurso está presidido por Xosé A. Fraga Vázquez, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos; sendo secretario Marcos Sánchez, e vogais os expertos de arte e fotografía Rosario Sarmiento, Xosé Díaz Arias de Castro e Xurxo Lobato.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress