Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 9 de mayo de 2019 | Leída 12 veces

A Xunta amosa o seu apoio ao comité de empresa de Meirama para demandar unha solución industrial de futuro para a planta

Desde que hai case cinco meses se fixo público o anuncio de peche da central térmica, nin Naturgy nin o Goberno puxeron sobre a mesa alternativas reais para o mantemento do emprego. “Necesitamos que se concreten medidas, actuacións que permitan dar unha solución industrial e xerar empregos vinculados coa industria”, sinalou Conde...

[Img #48428]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou onte o apoio da Xunta ao comité de empresa de Meirama para demandar tanto a Naturgy como ao Goberno central unha solución de futuro para a planta de Cerceda. Fíxoo durante unha nova xuntanza que mantivo esta tarde cos representantes dos traballadores da central térmica.

 

Desde que hai case cinco meses se fixo público o anuncio de peche de Meirama, nin Naturgy nin o Goberno puxeron sobre a mesa alternativas reais para cubrir o baleiro industrial e laboral que se podería xerar na comarca.

 

“Necesitamos que se concreten medidas, actuacións que permitan dar unha solución industrial e xerar empregos vinculados coa industria”, aseverou Conde. Neste sentido, ratificou que a Xunta comparte co comité a mesma preocupación polos 200 empregos que están en risco.

 

O conselleiro explicou que Xunta e comité de empresa acordaron trasladar, en primeiro lugar a Naturgy, “que plantexe unha solución industrial”; e ao Goberno, “que concrete eses compromisos que se anunciaron por parte da ministra para a Transición Ecolóxica para dar unha solución ao peche desta central térmica”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress