Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 9 de mayo de 2019 | Leída 25 veces

A Xunta proporalle ao Ministerio de Fomento colaborar para estender a todos os servizos ferroviarios de media distancia de Galicia o uso da tarxeta de transporte metropolitano

Ethel Vázquez destaca que esta medida, que xa funciona no FEVE na área de Ferrol, permitiría aos usuarios acceder a transbordos gratuítos cos autobús, financiado pola Xunta. A conselleira defende a especial utilidade desta iniciativa cando se poñan en servizo as estacións intermodais nas que traballa o Goberno galego. Informa de que o Goberno galego xa trasladou aos responsables de Renfe o seu interese por fomentar a interoperatividade dos medios de pago de tren e autobús...

[Img #48427]

 

A Xunta proporalle ao novo Ministerio de Fomento colaborar para estender a todos os servizos ferroviarios de media distancia en Galicia o uso da tarxeta de Transporte Metropolitano como medio de pago vantaxoso.

 

A conselleira de infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou que medida xa funciona na área de transporte de Ferrol, onde a tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia se pode usar para pagar o FEVE. E apuntou que estendela abriría a posibilidade de que a Xunta puidese bonificar o transbordo do tren ao autobús, de acordo cos principios de funcionamento do Plan de transporte metropolitano de Galicia.

 

Segundo subliñou, esta medida sería especialmente útil cando se poñan en servizo as estacións intermodais nas que traballa o Goberno galego nas diferentes cidades da Comunidade, fomentando así o uso do transporte público ao facilitar o intercambio entre os seus soportes.

 

Vázquez informou de que a Xunta xa se dirixiu a Renfe para propoñerlle colaborar para fomentar a interoperatividade dos medios de pago do tren e o autobús. Con ese obxectivo, a Xunta suxeriulle xa a posibilidade de usar a tarxeta de Transporte Metropolitano nos servizos de ferrocarril para ofrecer facilidades de pago e vantaxes económicas nos transbordos.

 

E, avanzou, “este será un asunto que poremos enriba da mesa na primeira reunión que manteñamos cos responsables de Fomento do novo Goberno”.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade respondeu onte no Pleno do Parlamento Galego a unha interpelación sobre os servizos ferroviarios na Comunidade. Na súa resposta, puxo en valor o traballo continuado da Xunta para defender ante o Ministerio de Fomento, titular das competencias en ferrocarril, unha continua mellora das infraestruturas e servizos que operan en Galicia.

 

Nese sentido, garantiu que o Goberno galego continuará a defender ante o novo Goberno de España a necesidade de avanzar cara a unha homoxeneización de tarifas dos servizos ferroviarios, que son na actualidade máis elevadas na liña Ourense-Santiago que no Eixo Atlántico. Apuntou que a situación dos prezos se viu agravada desde que o pasado xaneiro o Executivo central incrementou a tarifa dos trens Avant.

 

Así mesmo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade anunciou que a Xunta manterá a súa liña de traballo en defensa da finalización da Alta Velocidade entre Galicia e a Meseta nos prazos comprometidos; a transferencia da AP-9 a Galicia; e o impulso dos proxectos concretos que permitan modernizar a liña galega de transporte de mercadorías incluída no Corredor Atlántico, empregando os fondos europeos.

 

Renuncia ao transporte público por parte do Concello de Pontevedra

Ethel Vázquez manifestou a súa sorpresa ante o feito de que o BNG mostre no Parlamento galego preocupación polos servizos ferroviarios mentres desatende o transporte público en autobús. A ese respecto, lamentou que o Goberno municipal de Pontevedra, que ostenta o BNG, ignorase o requirimento do Parlamento galego de posta en marcha dun servizo de transporte urbano, tal e como é o seu deber legal como municipio de máis de 50.000 habitantes.

 

A conselleira asegurou que “a implicación do Concello de Pontevedra co transporte público e cero son o mesmo”, non só porque renuncia a investir nel, senón porque tamén este municipio mantén bloqueado o Plan de transporte metropolitano na comarca. Desta forma, dixo, o Goberno municipal do BNG condena, por exemplo, aos mozos menores de 19 anos da comarca a non poder empregar a Tarxeta Xente Nova, coa que o autobús lle sairía gratis.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress