Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 8 de mayo de 2019 | Leída 31 veces

Ethel Vázquez informa ao alcalde da Laracha dos avances no proxecto de mellora da seguridade viaria das interseccións da estrada AC-523 cos núcleos da parroquia de Soandres

A Xunta prevé reformar o cruce da vía autonómica coa estrada provincial que comunica coa canteira, mediante a execución de ramais de entrada e saída. Ademais mellorarase a seguridade do cruce de Vistalegre, que dá acceso aos núcleos de Vista Alegre, Vilar da Fraga e Mantián. Estanse a realizar os traballos topográficos sobre o terreo para concretar a actuación técnica necesaria. A conselleira e o alcalde abordaron tamén o proxecto de prolongación en 200 metros da senda executada na AC-552, entre A Laracha e O Cancelo...

[Img #48416]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informoulle onte ao alcalde da Laracha, José Manuel López, dos avances na redacción do proxecto para mellorar a seguridade viaria das interseccións da estrada AC-532 cos núcleos de poboación da parroquia de Soandres.

 

A conselleira explicoulle ao rexedor que o departamento de Infraestruturas xa está a traballar para conseguir a mellor solución técnica para reformar as intersección desta vía autonómica coa estrada provincial que comunica coa canteira e que vai ata A Laracha e, por outra, mellorar o cruce que da acceso aos núcleos de Vista Alegre, Vilar da Fraga e Mantiñán.

 

Os técnicos da Xunta están a realizar traballos previos topográficos sobre o terreo para definir as actuacións concretas a levar a cabo, e que teñen como obxectivo minimizar os problemas de seguridade viaria acaecidos ata o momento e mellorar as comunicacións desta estrada nestes dous cruces.

 

En canto a definición do proxecto se están a formular as posibles alternativas que, nun principio, pasarían por executar na intersección da AC-523 coa estrada da Deputación provincial dous ramais de entrada e de saída coa vía autonómica. E, no cruce de Vista Alegre, que agora mesmo conta con pouca visibilidade e non permite xiros de vehículos pesados, unha mellora da intersección para corrixir estas situacións.

 

No encontro de traballo mantido hoxe na sede da delegación territorial da Xunta na Coruña, Ethel Vázquez e o rexedor municipal tamén falaron doutro proxecto, para continuar ao longo de 200 metros á senda xa executada na AC-552, entre A Laracha e O Cancelo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress