Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 8 de mayo de 2019 | Leída 17 veces

Comunicado do concello da Laracha sobre o servizo de axuda no fogar

Ante a información distribuída nos medios de comunicación polo edil do grupo do Bloque Nacionalista Galego, Xoán Manoel Sande, sobre o servizo de axuda no fogar...

Ante a información distribuída nos medios de comunicación polo edil do grupo do Bloque Nacionalista Galego, Xoán Manoel Sande, sobre o servizo de axuda no fogar, o Concello da Laracha quere aclara o seguinte:

 

1.- O Concello da Laracha cumpriu estrita e puntualmente coas súas obrigas con Idade de Ouro Servicios Sociosanitarios S.L. mentres a citada empresa prestou o servizo de axuda no fogar.

 

2.- O Concello da Laracha sacou a licitación en tempo e forma o novo contrato para a prestación do servizo de axuda no fogar, pero o concurso quedou deserto.

 

3.- Ante o abandono do servizo por parte de Idade de Ouro Servicios Sociosanitarios S.L., o Concello da Laracha reuniuse con responsables da empresa e cos representantes sindicais co propósito de atopar unha solución beneficiosa para os traballadores e os usuarios do servizo.

 

4.- O Concello da Laracha contratou unha nova empresa para prestar o servizo de axuda no fogar, sendo condición indispensable subrogar no novo contrato á totalidade dos traballadores e mellorarlles as súas condicións laborais.

 

5.- O Concello da Laracha non ten constancia de que existan salarios pendentes con ningún traballador do servizo de axuda no fogar, nin por parte da nova empresa nin por parte de Idade de Ouro Servicios Sociosanitarios S.L.

 

6.- O Concello da Laracha lembra a todos os edís da Corporación que os profesionais municipais dos diferentes servizos técnicos, económico e xurídico están á súa disposición se desexan obter información detallada sobre calquera cuestión relacionada coa xestión e actividade municipal, en especial sobre temas tan sensibles como o servizo de axuda no fogar nos que as informacións falsas ou distorsionadas distribuídas de xeito irresponsable poden confundir aos usuarios do servizos e crear unha infundada alarma social na veciñanza da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress