Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 8 de mayo de 2019 | Leída 26 veces
ARTEIXO

Finalistas do 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o próximo 9 de maio, xoves, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, e contará coa actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín...

O xurado composto por Charo Pita Villares (gañadora da 27ª edición), Inmaculada Otero Varela (representante da Asociación Galega da Crítica), Xabier López López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido o pasado 27 de abril, decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):

 

  • A casa das Castrouteiro, de Daniel Barral Calvo.
  • Crónica de ningures, de Francisco Rozados Rivas.
  • A idade do escarnio, de Tito Pérez Pérez.


O Certame de Arteixo acrecenta en 2019 a dotación dos premios en máis 1.300 euros, ofrecendo  4.000 € para o primeiro, 1.500 € para o segundo e 600 € para o terceiro, ademais da publicación da obra nun volume colectivo.

No acto de entrega contarase coa actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín, que amenizarán a cerimonia coa súa arte de contares de historias. Rematado o acto, que incluirá unha lembranza de Antón Fraguas, escritor homenaxeado no próximo Día das Letras, ofrecerase un viño de honra.

A coordinación agradece tamén este ano a colaboración na formación do xurado (por regra, paritario) da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega así como da Asociación Galega da Crítica, o que axuda a asegurar un criterio literario cun rigor e unha calidade fóra de toda dúbida.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress