Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 8 de mayo de 2019 | Leída 18 veces

A Coruña acolle o IX Campionato de Tenis de Mesa pola saúde mental

No torneo, organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia, participarán dez asociacións de saúde mental toda Galicia e celebrarase o venres 10 de marzo no Club do Mar de San Amaro. O obxectivo do encontro é promover a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e fomentar a práctica de ocio normalizado...

[Img #48413]

 

A federación Saúde Mental FEAFES Galicia celebra, o venres 10 de maio, o IX Campionato de Tenis de Mesa protagonizado por persoas con problemas de saúde mental. Trátase dun encontro lúdico e deportivo no que participarán dez asociacións procedentes de toda a comunidade autónoma.

 

O torneo terá lugar no Club do Mar de San Amaro de A Coruña ao longo de toda a mañá e nel desenvolveranse unha serie de partidos individuais nos que se enfrontarán arredor de 64 participantes. Tras a celebración do campionato, terá lugar a entrega de premios e, posteriormente, os asistentes celebrarán un xantar de convivencia.

 

As persoas que participarán no torneo proveñen de distintos lugares da xeografía galega e pertencen a dez asociacións e delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia: Alba (Pontevedra), Alume (Lugo), Andaina (Dodro e Oroso), APEM (Carballo), Avelaíña (Baiona e A Guarda), DOA (Vigo e Cangas), Lenda (Redondela), Morea (O Barco), Saúde Mental FEAFES Galicia (Vigo) e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (Narón).

 

O Campionato de Tenis de Mesa ten como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. A través deste torneo, Saúde Mental FEAFES Galicia amosa á sociedade a imaxe máis positiva destas persoas, combatendo de modo activo os estereotipos negativos e os falsos prexuízos que se asocian a elas.

 

As actividades de ocio e deportes que organizan Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, pois os seus participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permiten un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress