Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 7 de mayo de 2019 | Leída 14 veces

A xunta de goberno adxudica o proxecto de construción das beirarrúas na 2ª e 3ª travesías Eusebio Bértoa Queijo

Crearase dous tramos peonís de 300 metros de lonxitude cada un. A actuación está valorada en 160.000 euros. Na sesión tamén se acordou solicitar a participación no programa da Axencia de Turismo de Galicia para potenciar a Feira das Cereixas...

Na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada onte foi adxudicado o contrato de execución do proxecto de construción das beirarrúas na 2ª e 3ª travesías Eusebio Bértoa Queijo. As obras serán realizadas pola empresa SYR-AMG que, en base á valoración técnica da Mesa de Contratación, presentou a oferta máis favorable para o Concello das doce que concorreron á licitación.

 

O proxecto está valorado en 160.000 euros e dará continuidade ás actuacións desenvolvidas no casco urbano da Laracha dirixidas a humanizar as rúas e reforzar a seguridade viaria creando un espazo peonil separado do ámbito de rodadura dos vehículos. Neste caso facilitarase o tránsito a pé entre as rúas Eusebio Bértoa e José Añón, que é unha das vías de acceso cara o CEIP Ramón Otero Pedrayo.

 

As beirarrúas construiranse nunha das marxes da 2ª e da 3ª travesías Eusebio Bértoa Queijo. Cada unha delas ten unha lonxitude de 300 metros, polo que serán creados 600 metros de ámbito peonil cun mínimo de dous metros de anchura. O proxecto contempla melloras na rede de recollida de pluviais, as acometidas dos servizos de saneamento e abastecemento, as canalizacións soterradas da iluminación pública e as telecomunicacións e a reserva de espazos en superficie para a instalación de elementos de sinalización e alumeado.

 

Nos próximos días procederase á formalización do contrato e a continuación estarase en disposición de iniciar as obras, que teñen un prazo de execución de catro meses.

 

Ademais, na Xunta de Goberno Local tamén se acordou solicitar a participación na convocatoria de axudas da Axencia de Turismo de Galicia para apoiar economicamente na promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico autonómico (DOG número 73 do 15 de abril). A través desta liña de subvencións o Concello da Laracha pretende dar un novo impulso á Feira das Cereixas de Paiosaco poñendo en marcha novidadosas iniciativas no evento que se celebrará o domingo 7 de xullo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress