Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 7 de mayo de 2019 | Leída 22 veces

Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro e volve a superar a barreira do millón de afiliacións á Seguridade Social

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou onte os datos do paro rexistrado no mes de abril durante a visita que realizou en Santiago á empresa Pauta Música, destacando que o desemprego cae e as afiliacións e a contratación aumentan na evolución anual e mensual. A caída do paro nun 8,81% con respecto a hai un ano é superior en 3,64 puntos á rexistrada no Estado. As afiliacións crecen nun 2,14%, o segundo maior aumento nun mes de abril desde o inicio da crise económica. A contratación indefinida crece en Galicia con respecto ao mes de marzo, fronte á caída experimentada en España...

[Img #48410]

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou onte a boa evolución do paro rexistrado en abril, que baixou na comparativa co mesmo mes de 2018 e tamén con respecto a marzo deste ano. As afiliacións á Seguridade Social e as contratacións tamén aumentaron na evolución anual e mensual.

 

Toca, en primeiro lugar, explicou, na visita que realizou á empresa Pauta Música en Santiago, que Galicia é a comunidade autónoma na que máis baixou o paro no último ano cunha caída do 8,81%, superando o ritmo de baixada do Estado en 3,64 puntos. A Comunidade galega conta con 16.065 desempregados menos que hai un ano (44 parados menos ao día), o que sitúa a Galicia en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos. Así mesmo, apuntou que a Comunidade galega suma xa seis anos consecutivos de descensos do paro nun mes de abril.

 

Con respecto ás afiliacións, aumentaron nun 2,14%, o segundo maior incremento nun mes de abril desde o inicio da crise económica. Deste xeito, Galicia sumou no último ano 21.175 afiliacións máis (58 ao día), rexistrando seis anos de subidas consecutivas nun mes de abril. O dato sitúa á comunidade nun nivel superior ao reflectido hai 9 anos.

 

A contratación tamén continúa en aumento, mentres que no Estado baixa, e, ademais, o paro baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta. O desemprego descende, así, entre os menores de 30 anos (-9,52%), nas mulleres (-7,73%) e nos parados de longa duración (-14,48%), o que supón que 3 de cada 4 persoas que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo. O paro tamén caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19%) e a industria (-9,12%), ambos por riba da media xeral de Galicia (-8,81%), seguidos da agricultura e a pesca (-8,17% e os servizos (-7,31%).

 

En canto ás provincias, lidera a caída do paro Lugo (-10,85%), seguida da Coruña (-9,44%), Pontevedra (-8,65%) e Ourense (-5,34%).

 

Evolución mensual

Toca engadiu que o paro tamén baixou con respecto ao mes de marzo nun -2,70%, o segundo maior descenso desde o ano 2007. Galicia rexistrou 4.615 persoas menos no paro, preto de 154 persoas menos ao día. As afiliacións tamén subiron na evolución mensual (+0,62%, é dicir, 6.186 afiliacións, son 206 ao día) e a contratación aumentou nun 11,16%, unha suba de case 8 puntos maior que a rexistrada no Estado. A indefinida incrementouse nun 1,64%, mentres que en España caeu nun -2,69%. Na Comunidade galega, a contratación tamén aumenta a tempo completo nun 12%.

 

Estabilidade e confianza

A secretaria xeral de Emprego indicou que a creación de emprego vén marcada pola estabilidade da Comunidade galega, un dato que confirma, segundo Toca, o crecemento sostible e progresivo que vive Galicia.

 

Toca sinalou que Galicia está apostando pola formación de calidade adaptada á demanda do tecido produtivo para dar resposta aos novos restos da Industria 4.0. Explicou, así mesmo, que para crear emprego é preciso acompañar ao tecido empresarial e, por iso, lembrou que a Xunta está incentivando a contratación nas empresas a través do programa Galicia Emprega e impulsando a cualificación a través do Plan galego de formación.

 

A Administración autonómica, ademais, avoga pola innovación, a internacionalización e o emprendemento. Para Toca, o obxectivo prioritario ten que ser o de dar respostas ao cidadán para incrementar a súa calidade de vida.

 

Para rematar, resaltou que a boa evolución do paro se suma aos bos resultados acadados coa última EPA, a mellor dun inicio de ano da última década cunha taxa de paro mellor que a de España en 2,23 puntos e que reflicte que case tres de cada catro asalariados galegos son indefinidos. Lembrou, ademais, que Galicia vén rexistrando récords sucesivos de exportacións; leva catro anos consecutivos medrando na contorna do 3%, crecendo o PIB por habitante a mellor ritmo en Galicia que en España; e conta co maior incremento da produción industrial da última década.

 

Visita a Pauta Música

Na visita que a secretaria xeral realizou a Pauta Música, resaltou a aposta da Xunta polo emprendemento sinalando que a Administración autonómica apoia aos autónomos con diversos programas que inclúen axudas para o inicio de actividade, a contratación de persoas indefinidas, a consolidación da súa actividade e con apoios para promover a conciliación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress