Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 7 de mayo de 2019 | Leída 18 veces
CARRAL

Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Vicente Otero Valcárcel

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou onte pola mañá o CEIP Vicente Otero Valcárcel, onde coñeceu os diferentes programas educativos que desenvolve o centro. No seu percorrido polo centro estivo acompañada polo delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, e polo alcalde de Carral, Jose Luis Fernández Mouriño...

[Img #48405]

 

A conselleira agradeceu ao equipo directivo e docente do centro o esforzo que está a facer para apoiar o alumnado con dificultades. Neste sentido, o CEIP desenvolve este curso a primeira liña dos contratos-programa, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), que busca mellorar as perspectivas escolares deste alumnado a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

 

Así mesmo, Carmen Pomar destacou o traballo que se realiza desde a biblioteca do centro, que forma parte do Plan de Mellora (Plambe), e que queda reflectido nun blog moi activo no que se recollen as diferentes iniciativas desenvolvidas arredor do libro e da lectura, así como outras experiencias interdisciplinares do centro. O centro mantén, ademais, outros blogues como Aprendendo Xuntos, Moita miga, As Clases de Segundo ou outros específicos nas materias de Inglés e Educación Física.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress