Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 7 de mayo de 2019 | Leída 21 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Os cursos, destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, realizaranse durante os meses de xullo e agosto…

[Img #48400]Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

 

Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros e é obrigatorio saber nadar.

 

Nos cursos, que terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

 

As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición son os seguintes

 

Quenda Concello Prazo inscrición no concello
1ª (do 1 ao 5 de xullo) Boiro Do 03/06/2019 ao 19/06/2019
2ª (do 8 ao 12 de xullo) Outes Do 03/06/2019 ao 26/06/2019
3ª (do 15 ao 19 de xullo) Fisterra Do 03/06/2019 ao 03/07/2019
4ª (do 22 ao 26 de xullo) Malpica Do 03/06/2019 ao 10/07/2019
5ª (do 29 de xullo ao 2 de agosto) A Coruña Do 03/06/2019 ao 17/07/2019
6ª (do 5 ao 9 de agosto) Ortigueira Do 03/06/2019 ao 24/07/2019

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress