Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 3 de mayo de 2019 | Leída 65 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Nenas e mozas da Coruña e Ferrol gañan o concurso de viñetas "Muller e migrante" da Deputación da Coruña

A área de Igualdade convoca o concurso que reflexiona e denuncia as inxustizas que padecen as mulleres migrantes...

[Img #48375]A denuncia das inxustizas que padecen as mulleres migrantes foi o tema central dos traballos presentados á X edición do Concurso de Viñetas "Sen Fronteiras" que convoca a área de Servizos Sociais e Igualdade. Desta volta, as gañadoras dos premios recaen en obras presentadas por nenas e mozas da Coruña e Ferrol.

 

Un pleno de mulleres son as gañadoras do X edición do Concurso de Viñetas que ten como obxectivo reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades en xeral, mais de maneira especial na mocidade, sobre a dobre discriminación e o empoderamento das mulleres migrantes convocado pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña que dirixe a deputada Ánxela Franco.

 

Un traballo sobre o empoderamento dunha muller afgana valeulle a Irene González Calvo, da Coruña, o primeiro premio do Concurso de Viñetas "Sen Fronteiras", Muller e Migrante na categoría de 12 a 14 anos. Ariadna Anido Rubal, de Ferrol, fíxose co primeiro premio da categoría B, de 15 a 18 anos, cunha denuncia das inxustizas cometidas contra mulleres e nenos e nenas migrantes obrigadas a fuxir en pateras.

 

O X Concurso de Viñetas "Sen fronteiras", Muller e Migrante, outorga tamén un segundo e terceiro premio que, na categoría de menos idade, foron recaer tamén en autoras da Coruña, en Rosa Aneiros Rosado, o segundo, e Rocío Cerqueiro Canabal, o terceiro. O xurado destaca o carácter reflexivo das súas obras que denuncian, a través do debuxo, a inxustiza que padecen as mulleres migrantes.

 

En canto á modalidade dirixida a máis idade, o segundo e terceiro premios foron tamén para dúas mozas da Coruña, as dúas de 17 anos. Andrea Cagiao Mouco fíxose co segundo premio cunha comparación entre dúas mulleres migrantes con distintos recursos e mentalidades mais que teñen que ter os mesmos dereitos e Alicia Tahoces Rodríguez gañou o terceiro premio cunha peza en branco e negro que reflexiona sobre a fuxida de familias dos seus países en guerra e a separación nas fronteiras.

 

"Con esta convocatoria quérese concienciar ás mozas e mozos a través da creación de viñetas contra a discriminación das mulleres migrantes. O concurso convida, neste sentido, a reflexionar, a debater e a crear para contribuír a un mundo máis igualitario", sinala a deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco.

 

Os premios consisten nun iPAD e colección de cómics para os primeiros premios e unha tableta e unha colección de cómics para os segundos e terceiros.

 

O xurado estivo composto pola Técnica de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Fernanda Soutullo, a deseñadora gráfica e creativa publicitaria, Patricia Portela, o xefe de negociado de Servizos Sociais, Francisco Javier Sardiña Barreiro como secretario coa deputada da área, Ánxela Franco, en calidade de presidenta.  

 

[Img #48376]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress