Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 1 de mayo de 2019 | Leída 19 veces
BALONCESTO

CB Laracha Nova Facial 61- 66 Zabba Zapateria Otero Caritón

Partido correspondente á penúltima xornada do campionato ligueiro para as nosas senior no que se enfrontaban a un rival directo...

[Img #48365]O primeiro cuarto comezou cun laracha dominante que non conseguía anotar fácil pero que si era dominador do rebote ofensivo que lle permitían segundas opcións. 14-9.

 

No segundo parcial puido verse un equipo mais irregular en defensa e impreciso en ataque pero as nosas conseguían manterse sempre por diante no electrónico. 12-16.

 

Tralo paso polos vestiarios nos primeiros minutos do terceiro cuarto vimos unha versión mellorada das locais que lograban ampliar a vantaxe pero isto non durou moito xa que as visitantes lograron darlle a volta de novo ao parcial e deixar o partido en dous puntos antes de xogarse o último cuarto. 18-17.

 

O partido estaba a disputarse a un alto tanteo e as nosas eran conscientes que para levarse a victoria era fundamental a defensa, non obstante, nos primeiros minutos sucedía todo o contrario, as visitantes anotaban con facilidade mentres que o laracha non conseguía fluidez nos pases ante as marcadas liñas das santiaguesas. O Laracha non baixou os brazos e conseguiu enlazar varios ataques productivos o que deixou o partido en tres puntos a falta de dous minutos pero as visitantes souperon xestionar a vantaxe e levarse o partido pola mínima. 17-24.

 

A próxima xornada o Laracha xogará o seu último partido de liga antes dos cruces en Santiago contra fontiñas.

 

Anotación: Jessi Viña (4), Mili Rodríguez (2), Luci Diaz (20), Lucía Graña (7), Ana Aldao (10), Renata Gonzalez (3), Irene Velo (15, 2 triples).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress