Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 30 de abril de 2019 | Leída 75 veces

ABANCA e Triagaalíanse para ofreceralternativas de créditoaos produtores de trigo

A entidade financeira e a Asociación de Produtores de Trigo Autóctono Galego colaboran para atender as principais necesidadesfinanceiras do colectivo. Os produtores deste cereal poderán acceder a un catálogo de produtos adaptado en condicións vantaxosas, grazas a unha división especifica do banco: ABANCA Agro...

[Img #48359]

 

ABANCA e a Asociación de Produtores de Trigo Autóctono Galego (Triaga) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar e facilitar o acceso ao crédito aos profesionais desde sector.

 

O presidente de Triaga, José Antonio Muiño, e o director territorial de ABANCA en A Coruña, Gerardo Fuertes, rubricaron o venres na cidade herculina un protocolo que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva e cun sector estratéxico para Galicia.O acto tamén contou coa participación do director de ABANCA Agro, Jesús Combarro.

 

O convenio pon a disposición dos integrantes de Triaga a oferta sectorial de ABANCA, pero con condicións melloradas. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciais do colectivo. Así, os produtores de trigo poderán acceder a unha conta de crédito para financiar os gastos da sementeira e outras necesidades do día a día da actividade e cun prazo máximo de ata 5 anos, o que supón un aforro importante en gastos de intervención notarial.

 

Poderán acceder tamén a préstamos específicos con prazos de amortización amplos, xuros baixos e sen algunhas das comisións máis habituais. A oferta tamén complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, desconto comercial, confirming, financiamento a través de leasing, avais e anticipos de subvencións (incluíndo a PAC) ou impostos.

 

Do mesmo xeito, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos agricultores e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. Neste sentido, o banco ofrecerá aos interesados seguros específicos para o sector. Esta oferta compleméntase cunha liña de financiamento específico para seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento da prima ata en 12 meses.

Os produtores de Triaga tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Así mesmo, poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos.

 

A Asociación de Produtores de Trigo Autóctono Galego (Triaga) naceu co obxectivo de impulsar este produto tan representativo da gastronomía galega. Entre os seus principais clientes atópase Panadería Da Cunha, que conta con máis de 14 establecementos propios e ofrece o seu produto en superficies de toda Galicia. ABANCA, pola súa parte, conta cunha división especifica centrada nas necesidades do agro galego: ABANCA Agro. Nela, agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades deste sector clave para a comunidade galega.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress