Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 29 de abril de 2019 | Leída 12 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O aeroporto e as estacións de tren e autobús de Santiago acollen este luns o programa "Danza en Tránsito" da Deputación da Coruña

Conmemora o Día Internacional da Danza con espectáculos desde o tradicional até o break dance ou street dance pasando por swing,performance, acrobática ou danza inclusiva…

[Img #48353]O aeroporto e as estacións de tren e autobús de Santiago de Compostela serán os escenarios para este luns 29 de abril dos espectáculos do programa "Danza en Tránsito" que quere achegar ao público ao baile en espazos de movemento neste Día Internacional da Danza.  

 

Visibilizar a variedade de propostas é un dos obxectivos de "Danza En Tránsito" que inclúe no seu programa profesionais da danza contemporánea, swing, performance, break dance, street dance, danza tradicional, danza acrobática e danza inclusiva como Traspediante, Compañía IO, Vella Escola, Can Cun Quinqué, Fundación Down · USC e Cantigas e Agarimos. A iniciativa  finalizará cunha instalación onde o público poderá bailar no seu tránsito e así celebrar este día coa danza.

 

"Con "Danza en Tránsito" buscamos sorprender en espazos en que non se agarda atopar un espectáculo, fóra de escenarios de teatros e auditorios, achegar a danza a un público en movemento, para que se deteña e se sorprenda coa beleza da danza", sinala Goretti Sanmartín Rei que defende tamén a  necesidade de buscar novos públicos para a danza, unha arte escénica que se programa pouco desde os centros de arte institucionais e privados e que precisa aínda un forte impulso para chegar a un maior número de persoas.

 

"A danza móvese maiormente en circuítos especializados, en programas singulares destinados a un público fiel que asiste á oferta cultural desta disciplina artística e é preciso abrir eses círculos e promover que aumente o público para os espectáculos de danza", explica Goretti Sanmartín que destaca tamén o esforzo da área de Cultura da Deputación da Coruña para promocionar o xénero na Rede Cultural convidando ás institucións a que programen danza na súa oferta cultural.

 

Para a comisaria do programa, Rut Balbís, "a danza segue sendo para moitos unha descoñecida, ademais, hoxe en día existen moitos estilos e tendencias ós que o público non poden acceder con facilidade por isto, a importancia de normalizar a nosa relación ca danza, de facer dela algo cotiá".

 

"Santiago é a elixida por ser un exemplo de un ir e vir continuo de xente, tanto de xente de aquí como todas esas viaxeiras que se achegan de todo o mundo a coñecer a cidade", apunta Rut Balbís que dirixe un programa que sorprenderá ao escoller escenarios pouco habituais para a programación artística co obxectivo de "colocar a danza no día a día das persoas e sorprender a todas estas persoas que se atopan en tránsito, esperando un medio de transporte, ou subindo ou baixando del, con micro pezas de danza de estilos diferentes".

 

O programa iniciarase na estación de tren, para continuar na de  autobús e rematará no aeroporto cunha oferta en que se inclúen sós, dúos e mesmo algún cuarteto de danza nunha proposta que inclúe estilos como danza contemporánea, danza inclusiva, Break dance, Lindy Hop, danza tradicional galega, performance ou danza acrobática.

 

"Danza en Tránsito" diríxese, polo tanto, a aquelas persoas que se atopan -como a propia danza durante a súa coreografía ou a performance- en movemento, dun lugar a outro. "Algo ten tamén de coreografía o fluxo da xente que hai nos aeroportos e nas estacións co cal os espectáculos vanse mimetizar con estes escenarios extraordinarios. Ademais de ir ao encontro con este novo público será unha maneira de recibir ás persoas visitantes cun elemento que identifica Santiago de Compostela como é a cultura", destaca Goretti Sanmartín da filosofía do programa.

 

Esta iniciativa conta coa colaboración de Adif, que cede o espazo como parte do seu Programa Estación Abierta. Dito programa pon á disposición das organizacións sen ánimo de lucro e institucións públicas, espazos nas estacións para a realización de esposicións, concertos, campañas de difusión  e sensibilización en valores e todo tipo de actividades. 

 

Do mesmo xeito son colaboradores Tussa desde a Estación de Autobuses e Aena desde o Aeroporto de Santiago de Compostela, cedendo os seus espazos para a realización das actividades así como poñendo á disposición da organización de Danza en tránsito os elementos precisos para o seu desenvolvemento.

 

Programa completo

Estación de tren · Rúa do Hórreo, 75 A, 15702 SCQ

  • 11:45h · Entrada/Despacho de billetes · Can Cun Quinqué · Danza Contemporánea
  • 11:55h · Corredor subterráneo · Cia trasPediante · Performance
  • 12:15h · Andén 2 · Cantigas e Agarimos · Danza Tradicional
  • 12:25h · Entrada/Despacho de billetes · Vella Escola · Street Dance / Cypher

 

 

Estación de autobuses · Praza de Camilo Díaz Baliño, 15704 SCQ

  • 14:55h · Planta 1 · Entrada Sur/Despacho de billetes · Compañía IO · Danza Acrobática
  • 15:05h · Planta 1 · Entrada Norte/Frente aseos · Compostela Swing · Lindy Hop
  • 15:15h · Entreplanta · Vella Escola · Break Dance
  • 15:25h · Planta -1· Andéns · Cia trasPediante · Danza Contemporánea

 

 

Aeroporto de Santiago ·  Lavacolla, S/N, 15820 SCQ

  • 17:00h · Planta 1 · Portas de embarque · Can Cun Quinqué · Danza Contemporánea
  • 18:40h · Planta 0 · Recollida de equipaxes · Vella Escola · Break Dance
  • 19:00h · Planta 0 · Vestíbulo de chegadas · Cantigas e Agarimos · Danza Tradicional
  • 19:15h · Planta 1 · Espazo Cultural · Compañía IO · Danza Acrobática
  • 19:30h · Planta 1 · Facturación Saídas · Fundación Down e USC · Danza Inclusiva
  • 19:45h · Planta 1 · Frente á entrada Control de Seguridade · Vella Escola · Street Dance / Cypher
  • 20:00h · Planta 1 · Frente á entrada do Control de Seguridade · Aquí bailo eu! · Instalación para o público
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress