Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 28 de abril de 2019 | Leída 24 veces

A Laracha anima á veciñanza a ‘Coñecer o teu Concello’ coa segunda edición do programa de andainas

A ruta do río Anllóns realizarase o domingo da próxima semana. As outras dúas serán polo litoral de Caión e o río Acheiro. A inscrición e gratuíta e debe formalizarse no Concello...

O Concello da Laracha pon en marcha a segunda edición do programa Coñece o teu Concello, que se marca como obxectivo ofrecer á veciñanza unha oportunidade para realizar tres rutas de sendeirismo por diferentes localizacións do termo municipal destacando a beleza natural e as paisaxes do litoral de Caión e tamén dos entornos fluviais. Os tres roteiros son de dificultade baixa e aptos para todos os públicos.

 

A primeira das andainas será o domingo 5 de maio e terá por protagonista o río Anllóns. Trátase dunha ruta circular que partirá ás 10:00 horas desde o IES Agra de Leborís e discorrerá a carón do río. No camiño de volta ata o punto de partida pasarase polo Castro de Montes Claros (parroquia de Vilaño). En total percorreranse dez quilómetros.

 

Nos outros dous roteiros haberá buses gratuítos que sairán da Praza do Concello ás 9:30 horas coa previsión de iniciar as camiñatas media hora máis tarde no lugar de saída.

 

O 12 de maio realizarase a andaina polo litoral de Caión, partindo da praza Eduardo Vila Fano, percorrendo o paseo marítimo e o sendeiro azul ata chegar á praia da Arnela e rematar na Pedra do Sal. Cubrirase unha distancia de oito quilómetos

 

Por último, o 19 de maio será a quenda para o roteiro do río Acheiro, que se percorrará nunha distancia de sete quilómetros ata o Igrexario de Golmar.

 

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse ben acudindo ao Concello ou chamando ao 981 605 001.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress