Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de abril de 2019 | Leída 26 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Trinta concellos acollerán o VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña

A VII Carreira Pedestre Concello de Oroso inicia este sábado a nova edición do programa...

[Img #48341]

 

Este sábado día 27 de abril arrinca coa VII Carreira Pedestre Concello de Oroso o VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña que visitará trinta concellos da provincia. As carreiras prolongaranse até o 22 de decembro en que se pechará o circuíto co VIII Sin Son 10k de Porto do Son.

 

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, e presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz, asinaron onte pola mañá o documento para a xestión da coordinación do circuíto de carreiras populares para o que se establece un orzamento de 29.000 €.

 

En total, serán trinta carreiras nas que a organización agarda que participen un número de superior ás 35.000 persoas, cifra que xa se superou na anterior edición do circuíto.

 

O programa comezará o día 27 de abril coa VII Carreira Pedestre do Concello de Oroso para programar en maio tres novas actuacións,  XVI Carreira Pedestre Concello do Pino, o día 11, a IV Carreira Pedestre Concello de Mazaricos o día 12, a V Carreira Popular Concello de Dumbría o día 25 e a VI Carreira Popular Concello de San Sadurniño o día 26.

 

Para xuño prográmanse a VI Carreira Pedestre Concello de Zas o día 1, VIII Carreira Popular Ría do Burgo de Culleredo, o día 2, IX 10k Carreira Popular Concello de Carballo o día 16 e a VI Carreira Pedestre Concello de Cee o día 22.

 

En xullo correranse as carreiras de Muxía, Tordoia, A Laracha e  Curtis e en agosto Cambre, Noia, Carnota, Ferrol, Ares e A Pobra do Caramiñal. Para setembro, o Circuíto incluirá na súa programación a Sada, Ribeira, Cabana de Bergantiños e Corcubión.

 

Xa no inverno, a xeira de carreiras da Deputación da Coruña desenvolveranse en Ames, Negreira, Fisterra, Rianxo, Boiro e Brión para rematar o VII Circuíto o día 22 de decembro en Porto do Son.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress