Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de abril de 2019 | Leída 20 veces

As entradas para a Festa-Homenaxe aos nosos maiores estarán á venda desde o luns edificio administrativo

O evento celebrarase o 18 de maio e está incluído no programa municipal das Letras Galegas. Consistirá nunha misa, xantar e baile con música en directo. Dirixido a veciños do Concello maiores de 65 anos de idade, xubilados e pensionistas...

O Concello da Laracha porá o luns á venda as entradas para a Festa-Homenaxe aos nosos maiores, evento que se celebrará o sábado 18 de maio e que está incluído no programa municipal para festexar as Letras Galegas.

 

A Festa-Homenaxe desenvolverase no pavillón do IES Agra de Leborís. Ás 13:00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

 

Para poder participar no evento, é preciso adquirir previamente as entradas no edificio administrativo da Laracha ao prezo de dez euros. Poderán mercalas presentando o seu carné de identidade todos os veciños do Concello que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas.

 

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento co propósito de facer un homenaxe á terceira idade ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress