Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de abril de 2019 | Leída 26 veces

A Xunta aposta por incrementar a contratación de obra pública coa Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá á Comunidade utilizar o seu superávit

Vázquez Mourelle subliña que esta iniciativa aumentará os investimentos en 130 millóns de euros e reforzan a Sanidade, a Educación e os Servizos Sociais públicos. Destaca que a inversión en obra pública en Galicia está a experimentar melloría, e pon como exemplo o incremento en Galicia do consumo de áridos nos últimos anos. Expón os pasos que se están a dar para promover que outras Administracións invistan en proxectos estratéxicos como Corredor Atlántico de transporte de mercadorías ferroviarias...

[Img #48337]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou onte o impulso que se está a dar desde a Xunta cara á continuar incrementando a contratación de obra pública coa Lei de reforzo de actuacións prioritarias aprobada onte polo Consello da Xunta, que permitirá que Galicia poida utilizar o 100% do superávit contable de 2018.

 

Na súa intervención onte na clausura da Asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos-ARIGAL, celebrada en Santiago de Compostela, indicou que co anteproxecto de Lei aprobado onte se incrementará a capacidade de investimento da Xunta que, ante a inestabilidade no Goberno central actual, impide a Galicia beneficiarse do superávit da Xunta do ano 2018.

 

Explicou que para non depender de Madrid, a Consellería de Facenda impulsou esta lei que permitirá incrementar os investimentos en 130 millóns de euros para reforzar a Sanidade, a Educación e os Servizos Sociais públicos.

 

Indicou que desde a Xunta se segue a traballar para incrementar progresivamente os niveis de investimento en obra pública en Galicia, e referiuse a melloría que está a experimentar a situación nestes últimos ano.

 

Citando os datos da memoria do 2018 presentada hoxe pola asociación sectorial, destacou como o nivel de consumo de áridos é un indicador preciso do desenvolvemento socioeconómico dos territorios, e como o último balance sitúa a Galicia por enriba de España cun consumo de case un 50% máis de toneladas por habitante no ano 2018. De feito, engadiu, o consumo de áridos por habitante nos últimos anos vén superando, en torno a 1 punto ou algo máis, o consumo de áridos do conxunto de España.

 

A conselleira tamén expuxo na xornada de clausura as actuacións postas xa en marcha este ano en obra pública por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, abordou o detalle dos investimentos previstos e falou do traballo do seu departamento por incrementar o nivel de investimentos e execución de obra pública. 


Tamén puxo en valor os pasos que se están a dar desde a Xunta para promover que outras Administracións invistan e realicen obras na Comunidade autónoma, e de xeito concreto referiuse ao Corredor Atlántico de transporte de mercadorías ferroviarias que, ademais dos importantes investimentos que suporá en materia de infraestruturas será todo un revulsivo para incrementar a capacidade loxística e de transporte.

 

A este respecto, asegurou que desde a Xunta se seguirá traballando para acadar unha modernización real da rede ferroviaria para facer forte e máis competitiva a economía de Galicia. E avogou por apostar con seriedade polo Corredor Atlántico e que o Goberno de España presente a Unión Europea unha planificación completa, con proxectos concretos e de calidade para optar aos fondos comunitarios cos que modernizar a rede de mercadorías.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress