Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de abril de 2019 | Leída 16 veces
TIRO CON ARCO

Hoxe sábado, 10ª edición do trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco

Organizado en colaboración co Club Arco Laracha e Arqueiros do Adarve. Contará con preto de 70 participantes de diferentes municipios da provincia da Coruña e de Lugo...

A décima edición do Trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco disputarase hoxe sábado no pavillón do IES Agra de Leborís coa presenza de preto de setenta arqueiros que chegarán desde diferentes municipios da provincia da Coruña e tamén de Lugo. O evento é organizado coa colaboración do Club Arco Laracha e Arqueiros da Coruña.

 

Ás 17:00 horas os participantes serán recibidos no lugar de celebración do torneo e terán un período de media hora para realizar os exercicios de quecemento e adestramentos. A competición principiará ás 17:30 horas.

 

Está prevista a asistencia de arqueiros de todas as categorías, contándose con participantes do Club Arco Laracha, Arqueiros do Adarve da Coruña, Club 2x70 de Vimianzo, Arqueiros de Arzúa, Escola Lucense e escolas municipais de Betanzos, Carral, Ordes, Ponteceso, Teo e A Coruña.

 

A proba que se celebra hoxe na Laracha tamén forma parte da Liga de Escolas, sendo a quinta xornada desa competición.

 

A entrada para asistir como público a este evento é libre e gratuíta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress