Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 26 de abril de 2019 | Leída 15 veces

O goberno local propón bonificar co 95% no ICIO o proxecto da segunda fase de ampliación do CEIP Otero Pedrayo

Por tratarse dunha obra promovida pola Xunta de Galicia para a implantación dun servizo de interese comunitario. Tamén se propón o cambio na ordenanza reguladora da taxa de lixo para bonificar aos usuarios no caso de que se apliquen reducións no canon de Sogama. Na sesión serán sorteadas as mesas electorais para os comicios do 26 de maio...

O Pleno do Concello da Laracha reunirase o próximo martes en sesión extraordinaria. Os asuntos que conformarán a orde do día xa foron presentados polo goberno local aos grupos da oposición e sometidos a ditame da Comisión Informativa de Facenda.

 

Unha desas cuestión será aplicar unha bonificación do 95% na cota do imposto municipal sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e na taxa da licenza urbanística ao proxecto da segunda fase de ampliación do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. Dito incentivo fiscal faríase en aplicación do artigo 6 da ordenanza municipal número 17 por tratarse dunha actuación promovida por unha administración pública para a implantación de servizos de interese comunitario.

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investirá medio millón de euros na creación de tres novas aulas de infantil con aseos incorporados e unha superficie total construída de 300 metros cadrados. O módulo terá acceso desde o edificio novo a través dunha galería de paso con paramentos acristalados e cun espazo exterior de xogos cuberto. Ademais, contará con calefacción por chan radiante e con sistema de luminarias led de alta eficiencia enerxética.

 

Outra das propostas do goberno local que se eleva ao Pleno será aprobar provisionalmente a modificación da ordenanza fiscal número 14 reguladora da taxa por recollida de lixo. Recentemente o Concello da Laracha acollérase á bonificación do 10% no canon unitario de tratamento de residuos que Sogama promove para aqueles municipios que impulsen medidas dirixidas a mellorar a recollida selectiva, fomentar a reciclaxe e reducir a produción de lixo convencional. O cambio na ordenanza municipal ten por obxectivo que, nos anos nos que a Xunta de Galicia resolva aplicar dita rebaixa, o Concello poida compensar aos usuarios do servizo cun desconto nos recibos.

 

Na sesión tamén serán sorteadas as mesas electorais de cara aos comicios locais e europeos do vindeiro día 26 de maio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress