Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 25 de abril de 2019 | Leída 33 veces

O alcalde asistiu ao acto de benvida á 11ª promoción de Policía Local de Galicia

Celebrado na sede da Academia Galega de Seguridade Pública. Foi presidido por Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O Concello da Laracha delegara na Xunta de Galicia o procedemento de selección de dous Policías Locais...

[Img #48326]

 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, asistiu onte na sede da Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada ao acto de benvida ao alumnado da 11ª promoción de Policía Local de Galicia, que estivo presidido por Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

O Concello da Laracha delegara na Xunta de Galicia o desenvolvemento do procedemento de selección dos dúas persoas que ocuparán en propiedade como funcionarios de carreira dúas prazas vacantes de Policías Locais.

 

Unha vez superadas as probas, antes de incorporarse á Policía Local da Laracha deberán realizar un período formativo de nove meses de duración, que inclúe unha fase práctica que desenvolverán no termo municipal en parte durante o próximo verán.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress