Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 24 de abril de 2019 | Leída 28 veces

Medio Ambiente formará en abril a produtores, distribuidores e xestores na xestión de pilas e residuos eléctricos e electrónicos

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez organiza este mes catro xornadas para dar a coñecer o actual marco legal e as obrigas existentes por parte dos fabricantes e das empresas encargadas de xestionar este tipo de residuos...

[Img #48318]

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará este mes de abril catro xornadas formativas sobre xestión de pilas e acumuladores así como de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) de orixe industrial. Estas sesións van dirixidas aos diferentes axentes e colectivos implicados na produción e no tratamento posterior deste tipo de refugallos nas distintas fases do proceso, polo que entre os asistentes haberá fabricantes, distribuidores e instaladores, así como asociacións e entidades representativas do sector, transportistas e xestores destes residuos.

 

A primeira das xornadas celebrouse o 11 de abril nas instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago, e hoxe impartiuse a segunda sesión no concello pontevedrés de O Porriño, concretamente nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Todos estes foros enmárcanse no paquete de accións formativas e de traballo que contempla o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), aprobado pola Xunta no ano 2016 como unha ferramenta de planificación en materia de prevención e xestión dos residuos de orixe industrial.

 

Con este tipo de actividades, o obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é achegar e dar a coñecer o actual marco legal polo que se regula a xestión de pilas e RAEE industriais, e as principais obrigas existentes tanto desde o punto de vista dos produtores como dos xestores.

 

No caso concreto da xornada en O Porriño, cuxa apertura correu a cargo da subdirectora xeral de Residuos, Verónica Tellado, a sesión comezou facendo un repaso pola situación da xestión en Galicia de pilas e RAEE industriais. Así mesmo, tamén houbo unha ponencia sobre baterías de coches eléctricos por parte dun colaborador do CTAG, e no último bloque da sesión abriuse unha mesa de debate sobre a preparación para a reutilización e a obsolescencia programada destes residuos no marco da economía circular.

 

Próximas xornadas

En total, están previstas catro sesións no mes de abril centradas na xestión de pilas e RAEE industriais. As seguintes xornadas celebraranse nos días e lugares que se indican a continuación, aínda que poderían sufrir algún cambio en función do número de inscritos.

 

 

O Porriño 23-04 Centro Tecnolóxico de Automoción
A Coruña 24-04 Salón de Actos Edificio Administrativo de Monelos
Lugo 29-04 Asoc. Provincial Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios

 

Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre as xornadas de xestión de pilas, acumuladores e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos previstas ao longo deste mes poden facer a súa consulta no teléfono 981 54 10 45 ou enviala ao enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress