Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de abril de 2019 | Leída 17 veces

Díaz Mouteira considera fundamental que as empresas reforcen a seguridade e saúde laboral

A delegada territorial en Ourense participou na presentación da décimo cuarta edición de Previsel-Salón de Prevención e Seguridade Laboral que se celebra os días 24 e 25 en Expourense. Incidiu na importancia da colaboración da Xunta e os axentes sociais para reducir a sinistralidade laboral. Previsel 2019 ofrece 30 actividades formativas, entre elas dous obradoiros organizados polo ISSGA vencellados co coidado de persoas dependentes...

[Img #48313]

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou onte pola mañá na rolda de prensa de presentación da décimo cuarta edición de Previsel, o Salón de Prevención e Seguridade Laboral, que acollerá Expourense os días 24 e 25 de abril. O obxectivo deste evento é fomentar a cultura preventiva non só entre os profesionais senón entre toda a sociedade en xeral.

 

Na súa intervención, Díaz Mouteira subliñou que a loita contra a sinistralidade laboral é unha prioridade para a Xunta de Galicia que traballa seguindo as medidas recollidas na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

 

A edición deste ano contará cunha trintena de expositores procedentes de Galicia na práctica totalidade e cómpre destacar a presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e servizos de prevención, seguridade e emerxencias. A feira ofrece un completo programa con 30 actividades que teñen o obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades.

 

Previsel é un salón organizado por Expourense co patrocinio do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), un organismo autónomo integrado pola Administración autonómica e por axentes sociais e empresariais. Este ano o ISSGA organiza dúas xornadas dedicadas ao coidado das persoas con dependencia e á mobilización de persoas con capacidade reducida. O Goberno galego tamén colabora con esta feira dun xeito transversal co desenvolvemento dunha xornada sobre consellos antiobesidade e antitabaquismo da Consellería de Sanidade; as demostracións realizadas no Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias; amais da visita do helicóptero do 061.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress