Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de abril de 2019 | Leída 16 veces

O Concello lamenta os actos vandálicos producidos contra a cartelería de partidos políticos

Na pasada fin de semana foron queimados carteis do BNG e arrincados os do PP en diferentes localizacións. O Concello velará para que se cumpran con garantías os dereitos dos partidos para publicitarse e informar aos cidadáns durante a campaña electoral...

O Concello da Laracha denuncia publicamente os actos vandálicos que se produciron na pasada fin de semana contra a cartelería de partidos políticos que concorren ás eleccións xerais do 28 de abril.

 

Na vila da Laracha foron queimadas bandeirolas do Bloque Nacionalista Galego que estaban colocadas en farolas, polo que tamén se provocaron danos na iluminación pública e se puxo en perigo a seguridade dos edificios residenciais das súas proximidades.

 

Ademais, en diferentes puntos do termo municipal foron arrincados dos paneis informativos os carteis electorais do Partido Popular.

 

Desde o Concello da Laracha lamentamos estes actos vandálicos e rexeitamos profundamente calquera acción que enturbe o convivir democrático da cidadanía e dificulte o correcto desenvolvemento das campañas electorais.

 

Así mesmo, mostramos o noso respecto a todas e cada unha das formacións políticas e velaremos para que se cumpra con garantías o seu dereito de publicitar as candidaturas e ofrecer información sobre os seus programas á cidadanía.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress