Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 23 de abril de 2019 | Leída 31 veces
CAMBRE

Os Veciños e veciñas de Sigrás colocan cruces negras para reclamar beirarrúas á Xunta

A vecñanza de Sigrás esixe á Xunta a creación de beirarrúas na AC-214, ao seu paso por A Xira e A Casilla, para solucionar a situación de inseguridade viaria á que a Administración Autonómica segue sen dar resposta…

[Img #48310]

 

A Asociación de Veciños de Sigrás organizou onte pola mañá unha manifestación na que colocaron cruces negras co lema “Xunta, queremos beirarrúas xa!” nas marxes da AC-214. Esta acción pretende reclamar á Xunta a creación de beirarrúas nesa estrada ao seu paso por A Xira e A Casilla.

 

A acción pretende servir de reclamo para os diferentes grupos políticos e dos veciños de todo o municipio, e así xuntar forzas para a demanda dun servizo fundamental para a poboación. A Asociación de Veciños xa mandou unha carta o pasado mes de agosto a Infraestruturas para saber como está o proceso das obras.

 

O Concello recalca que os terreos xa levan un máis dun ano, no caso da Xira, e dous, no da Casilla, en mans da Xunta, e que “aínda que prometeron xa fai catro anos a obra na Xira, nunca máis se soubo dela”. Isto supón un grave perigo e unha tremenda falta de seguridade para os cambreses e cambresas. Non é unha cuestión menor, é necesario resolver esta situación canto antes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress