Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 18 de abril de 2019 | Leída 27 veces

O Concello mellora a calzada e reforza a seguridade viaria na rúa Manuel Murguía da Laracha

Renovouse o pavimento nunha superficie de tres mil metros cadrados. Realizáronse melloras na rede de recollida de augas pluviais e na sinalización horizontal e vertical. Trátase dunha área residencial e comercial de relevancia, ademais de albergar importantes instalacións públicas...

[Img #48309]

 

No Concello da Laracha están practicamente rematadas as de obras o proxecto de mellora da calzada e reforzamento da seguridade viaria na rúa Manuel Murguía da capital municipal

 

A actuación, que está a ser executada por Construcciones Ponciano Nieto S.L.,  consiste na renovación do pavimento nun ámbito que alcanza os tres mil metros cadrados de superficie, incluíndo tanto o espazo de circulación dos vehículos como as zonas de aparcamento.

 

Ademais, contempláronse melloras na rede de recollida de augas pluviais e na sinalización horizontal e vertical. Precisamente as últimas actuacións, coas que se darán por concluídos os traballos, consisten no pintado das marcas viarias.

 

A rúa Manuel Murguía é unha das máis transitadas do casco urbano da Laracha por tratarse dunha das máis relevantes áreas residenciais e comerciais, ademais de dar acceso a instalacións públicas como o IES Agra de Leborís, a biblioteca municipal da Laracha, a Casa da Cultura e o complexo deportivo da piscina municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress