Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 18 de abril de 2019 | Leída 30 veces
ARTEIXO

Arteixo celebra o Día Internacional da Danza con La Macana

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Danza (o próximo 29 de abril) a Concellaría de Cultura e Festas, a través do programa Primavera das Artes “PRIM-ART”, traerá a Arteixo a nova creación de danza contemporánea de La Macana -a compañía formada por Caterina Varela e Alexis Fernández- pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de 14 anos en Pink Unicorns...

[Img #48304]O punto de partida desta peza en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un. Unha ocasión única de desfrutar de dous corpos nacidos para o movemento.

 

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

 

Un espectáculo ideal para a mocidade arteixá. Será o venres 26 de abril ás 20:45 h no Auditorio do CCC de Arteixo, con entrada: 4 € (3 € para colectivos especiais que o acrediten).

 

Sobre a compañía

LA MACANA é unha compañía de danza con base en Galicia formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández.

 

As colaboracións continuadas con outros artistas e a forte proxección internacional dos seus proxectos son dous dos alicerces fundamentais sobre os que se constrúe LA MACANA.

 

Co seu primeiro traballo, VEN, premiado en diferentes ocasións e presentado en máis dunha vintena de países conseguen abrirse un oco na escena internacional que os anima a manter colaboracións con outros artistas e institucións estranxeiras ao longo dos últimos anos.

 

Ata o momento traballaron tanto en producións propias, VEN, SHURE PG48, SOMETIMES, NO TITLE YET, en proxectos en colaboración con outros artistas, COLA DE GALLO, SEISdeCATRO, DROWN THE ROAD, INVISIBLE WIRES, ou como coreógrafos invitados para outras compañías, CHUCK & BRUCE, LUST.

 

Compaxinan o seu labor creativo co pedagóxico, sendo tamén profesores convidados en diferentes centros internacionais.

 

Sobre o elenco artístico

Paulo Fernández ten 14 anos. Ten catro anos por diante para gozar dunha das etapas máis intensas da vida: a adolescencia. Como di Arnold H. Glasow; “Contarlle a un adolescente os feitos da vida é como darlle un baño a un pez”. Catro anos por diante e unha barreira no horizonte: a maioría de idade. Ademáis de adolescente, forma parte da chamada Xeración Z, persoas nacidas desde o fin da burbulla económica ata hoxe. Un grupo socialmente mellor estruturado pero máis dependente da tecnoloxía que as xeracións anteriores.

 

Falan dunha escasez de habilidades interpersoais na Xeración Z, de pouca valoración ou importancia dos valores da familia e de escaso compromiso social ou empatía. Nós non coñecemos a Xeración Z. Nós coñecemos a Paulo.

 

Un rapaz precupado polo seu flequillo, pola rapaza que lle gusta, polo aburrimento que lle provoca a asignatura de Sociais, polo esforzo de aprenderse as capitais de cada pais do mundo, e que agarda impaciente a hora de educación física que lle permite, como dirían as nosas nais, desfogar un pouco. Nada tan lonxe do que fumos nós, non?.

 

Paulo é bailarín. O é dende que era pequeno. Que quizás non se dedique profesionalmente á danza no futuro non lle quita ser bailarín. Baila ca mente e co corpo. Constrúe o pensamento en movemento. Goza como un tolo de cada momento no que se lle permite subirse a un escenario, real ou figurado, e sostén cun talento natural a mirada do outro. Sempre tivo a danza cerca, na súa familia ou a través dos numerosos compañeiros e amigas da danza que coñece dende pequeno e as múltiples oportunidades que tivo de atoparse con exemplos vivos enriba do escenario. Como espectador asíduo, a súa mirada está educada. Coñece moito máis que calquer rapaz da súa idade e, o máis importante, está deseando vivir unha experiencia coma ista.

 

O seu pai, Alexis Fernández, leva enriba dos escenarios dende toda a súa vida. Graduado da Escola Nacional de Artes de La Habana, a súa traxectoria está moi recoñecida tanto no seu país de orixe, Cuba, como en España, o seu lugar de residencia dende fai máis dunha década. Premiado en repetidas ocasións pola súa labor como bailarín e creador (Primeiro Premio Certame de Madrid ou Grand Prix Alas de la Danza de Brasil, entre outros), o premio ao que lle ten máis estima é ao regalo que polos días dos pais tróuxelle o seu primeiro fillo da escola. As súas mellores creacións, os seus fillos.

 

Alexis Fernández bailou tanto só como acompañado, tanto en compañías nacionais (Danza Contempo- ránea de Cuba, Ballet Ecuatoriano de Cámara) como en proxectos independentes (La Intrusa en Barce- lona, Memory Wax en Suecia). A súa carreira o levou de país en país, dándolle tempo a construír a súa propia compañía La Macana xunto a Caterina Varela, así como a colaborar con outros creadores como a alemana Susanne Linke ou a parella formada por Honji Wang e Sebastián Ramírez.

 

En cada un destes episodios Fernández enfrentouse a un novo reto, pero ningún faille sombra ao tremendo desafío de compartir escenario co seu primeiro fillo.

 

Un desafío máis que estimulante para un home que é máis el que nunca cando a adrenalina se move polo seu corpo.

 

As ganas de ámbolos dous Fernández de compartir escenario é unha oportunidade. A oportunidade de vernos a nós mesmos reflexados neles, pais e fillas, nais e fillos.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress