Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 18 de abril de 2019 | Leída 12 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca un programa de subvencións para que os concellos coruñeses desenvolvan accións medioambientais

O obxectivo desta nova liña de subvencións é financiar accións que contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña…

A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP as bases dun novo programa de subvencións destinado aos concellos da provincia para a realización de actividades en materia de medio ambiente durante o ano 2019.

 

O programa parte cun orzamento consignado de 200.000 euros, ampliables en función das disponibilidades orzamentarias, aínda que o Goberno provincial espera que poda superar o millón de euros durante este exercicio.

 

O obxectivo desta nova liña de subvencións é financiar accións que contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña, promovendo o desenvolvemento de políticas respectuosas co medioambiente dende o ámbito municipal. 

 

Entre as numerosas accións que os concellos poderán financiar con esta liña de subvencións figuran a redacción de catálogos de protección natural do municipio, plans municipais de actuación contra especies invasoras e de defensa da biodiversidade, plans de xestión de residuos municipais, agrícolas, gandeiros e industriais, plans de prevención de contaminación acústica e atmosférica, programas de aforro de recursos naturais (auga e enerxía), programas en relación coa economía circular ou auditorias ambientais.

 

Este programa dá continuidade ás numerosas accións desenvolvidas polo goberno provincial neste ámbito, como o Plan de Medio Ambiente (PMA), que financiou 159 obras de mellora do medios natural na provincia, a campaña anual de limpeza de praias, as liñas de subvencións creadas para apoiar ás entidades que traballan na conservación do medio ambiente e a protección animal na provincia, ou as numerosas accións de mellora da eficiencia enerxética impulsadas a través da FAEPAC (Fundación Axencia Enrxética da Provincia da Coruña) nos municipios coruñeses.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress