Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 17 de abril de 2019 | Leída 18 veces

A Xunta activa o Plan Moves con máis de 2,6M€ para impulsar a compra de 500 vehículos eléctricos ou alternativos

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, sinala que a iniciativa mobilizará 11 millóns de euros e evitará a emisión á atmosfera de máis de 1.100 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente á acción de 58.200 árbores. Contémplanse axudas para a compra de turismos, furgóns, camións e autobuses e para a posta en marcha de infraestruturas de recarga, sistemas de préstamo de bicicletas eléctricas e plans de transporte aos centros de traballo. O prazo de presentación de solicitudes comezará o vindeiro 17 de xuño e no caso da adquisición de vehículos e das infraestruturas de recarga xestionarase a través de entidades colaboradoras...

[Img #48302]O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou onte o Programa Moves Galicia de incentivos á mobilidade eficiente e sostible, que conta cun orzamento de máis de 2,6 millóns de euros cos que se prevé impulsar a compra de 500 vehículos eléctricos ou alternativos (gas natural ou gas licuado de petróleo). Mobilizaranse así 11 millóns de euros na Comunidade, contribuíndo á creación ou mantemento de arredor de 90 empregos e evitando a emisión á atmosfera máis de 1.100 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente á acción de 58.200 árbores.

 

Segundo explicou Ángel Bernardo Tahoces, do programa que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia, poden beneficiarse persoas físicas, autónomos, comunidades de propietarios, persoas xurídicas e o sector público, dependendo do tipo de axuda. O prazo de presentación de solicitudes, en concorrencia non competitiva, comezará o día 17 de xuño.

 

As axudas para a adquisición de turismos e furgonetas poden chegar a 6.000 euros, que se incrementan en 750 euros no caso de persoas con mobilidade reducida e en 500 no caso de familias numerosas con vehículos de máis de 5 prazas. Ademais, os fabricantes achegan 1.000 euros. No caso de motos eléctricas, o importe do apoio é de 750 euros, e no que respecta a camións e autobuses con propulsión alternativa chega a 15.000 euros.

 

Tal e como indicou o director xeral de Enerxía e Minas, as axudas para a instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos e para a implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas poden chegar aos 100.000 euros, mentres que para a implantación de plans de transporte aos centros de traballo o límite máximo das axudas é de 200.000 euros.

 

A tramitación desta iniciativa, enmarcada no Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable e xestionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), realizarase de xeito telemático.

 

Para a compra de vehículos alternativos e a instalación de infraestruturas de recarga, a xestión das axudas levarase a efecto a través de entidades colaboradoras (concesionarios de vehículos e empresas instaladoras de baixa tensión), que deberán solicitar a súa acreditación desde o 20 de maio. Os apoios resolveranse por orde de solicitude.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress