Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 17 de abril de 2019 | Leída 25 veces
BALONCESTO

Básquet Xiria 34 - 50 CB Laracha

O CB Laracha gaña o derbi comarcal contra Xiria. Ambiente de derbi no Pavillón Vila de Noia de Carballo. Os afeccionados laracheses que se desplazaron ata alí fixéronse oír e sentir, sendo un apoio fundamental para o equipo…

[Img #48300]

 

O partido comezou cun Laracha firme en defensa, cunhas consignas moi claras: defender balón e non conceder segundas oportunidades. E así foi que, unha defensa presionante liderada por Jessi e Luci Graña, xunto co dominio das irmás Díaz no rebote defensivo, propiciaba que o Xiria só conseguise anotar dúas canastas en dez minutos. Pola súa parte, as azuis lograban unha rotunda vantaxe no marcador gracias a tres triples consecutivos de Irene, rematando o primeiro período cun favorable 4-18.

 

No segundo, as larachesas focalizáronse en manter as distancias no marcador, o cal, pese a que as locais conseguían anotar con máis fluidez que no período anterior, o CBLaracha paralizaba calquer intento de ataque de Absa, unha das xogadoras mais anotadoras do Xiria. Remata este parcial cun 13-30 no marcador.

 

Tras o paso polos vestiarios, dúas canastas consecutivas do Xiria, poñían en alerta ao Laracha, quen non tardou en reaccionar con rápidos contraataques protagonizados por Ana. O terceiro período deixou un 23-39 no tableiro.

 

Finalmente, pese a que Laracha contaba cun só cambio, ambos equipos disputaron este último tempo con gran intensidade. Sen embargo, os esforzos de Xiria foron en vano, xa que o partido quedou sentenciado nun 34-50, levándose o CB Laracha a victoria para casa.

 

O próximo encontró será contra Zabba Zapatería Cartion en Laracha.

 

Anotación CB Laracha: Jessi Viña (2), Luci Díaz (11, 1 triple), Bibi Diaz (4), Lucía Graña (4), Ana Aldao (10), Irene Velo (19, 5 triples). 

 

Parciais: 4-18, 9-12, 10-9,11-11

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress