Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 17 de abril de 2019 | Leída 11 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña destina case sete millóns de euros aos servizos sociais dos concellos

O BOP publicou onte as asigancións de cada concello dun programa que financia servizos sociais e de asistencia no fogar nos concellos de menos de 20.000 habitantes…

[Img #48298]A Deputación da Coruña destina este ano un total de 6.921.085,40 € ao financiamento dos Servizos Sociais dos concellos a través dunha liña de axudas da que se benefician todos os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

 

As asignacións por municipios e as horas de servizo de asistencia no foga concedidas a cada un deles pubícanse onte no Boletín Oficial da Provincia.

 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o importante esforzo inversor que realiza a Deputación para axudar a manter “un servizo público esencial” como os servizos sociais e servizos de asistencia no fogar dos pequenos concellos coruñeses.

 

Neste sentido, destacou o gran traballo levado a cabo pola áea de Benestar Social e lembou que o Goberno provincial incrementou esta liña de 4 a 7 millóns de euros “para dar o mellor servizo e atender ás persoas que máis o necesitan”, permitindo á cidadanía “contar con servizos sociais profesionais e de calidade, independentemento do lugar onde vivan”.

 

"A convocatoria para os servizos sociais municipais é un dos piares da nosa área e fundamental para estar á beira da xente que máis o precisa", destacou a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco.

 

O BOP publica este martes 16 de abril a resolución da  liña de axudas aos servizos sociais municipais aos que, nesta nova convocatoria, a Deputación da Coruña destina un total de 6.921.085,40 €, un orzamento que se duplicou con respecto á pasada edición co fin de mellorar a calidade do servizo, ao incluír por primeira vez o financiamento de persoal administrativo adscrito e establecer un prezo de 12 euros/hora para a axuda social básica no fogar.

 

A convocatoria, dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes -83 na provincia- ten como obxectivo contribuír á "igualdade e á  mellora na calidade e eficiencia dos servizos que atenden ás persoas que máis o necesitan e contribúan a que os concellos de menor poboación podan ofrecer servizos sociais de calidade". Coas melloras aprobadas o pasado ano, que incluía o financiamento de persoal administrativo, o persoal técnico municipal liberouse de tarefas que estaban a asumir co fin de dedicarse integramente a atender ás persoas que son beneficiarias dos servizos sociais municipais o que reverteu na súa mellora. 

 

A deputada Ánxela Franco lembrou que desde a área de Servizos Sociais estanse a elaborar as conclusións do Plan de Accións de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar" que vai ofrecer unha análise en profundidade da realidade social dos concellos da Coruña co fin de elaborar políticas eficientes que optimicen a xestión dos recursos. "Para realizar unha xestión óptima dos investimentos é preciso coñecer o estado dos servizos e os recursos e este estudo ofrecerá un completo mapa da situación que permitirá continuar coas melloras que xa estamos aplicando nunha área de especial interese para a mellora da vida das persoas", sinala Ánxela Franco.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress