Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 17 de abril de 2019 | Leída 31 veces

O alcalde e a nova xerente de SEA analizan o presente e o futuro do parque empresarial da Laracha

José Manuel López Varela recibiu no Concello a Beatriz Sestayo. A ocupación do polígono alcanza o setenta por cento do terreo que saíra á venda. Acordouse que se estudará a ampliación do parque empresarial en previsión da futura demanda de solo industrial...

[Img #48292]

 

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu na Casa do Concello a Beatriz Sestayo, a nova xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), e a José Rey, responsable comercial da mesma sociedade pública que é titular do parque empresarial da Laracha.

 

A reunión foi convocada cos propósitos prioritarios de manter a primeira toma de contacto tralo cambio de xerencia en SEA, analizar a situación actual do polígono industrial larachés e comezar a planificar o futuro desta infraestrutura a medio e longo prazo.

 

Nestes momentos o da Laracha é un dos parques empresariais con maior potencial de desenvolvemento da provincia da Coruña. Presenta unha ocupación que alcanza o setenta por cento do total do terreo industrial que saíra á venda, albergando a actividade de empresas de primeira orde mundial en diferentes sectores.

 

Ademais, varias sociedades están a mostrar o seu interese por investir e implantarse no ámbito do parque empresarial. Precisamente o alcalde e os representantes de SEA, aproveitando a súa presenza na Laracha, mantiveron un encontro co responsable dunha delas. Por tanto, estímase que o solo industrial dispoñible será insuficiente a medio ou longo prazo para atender a futura demanda.

 

É por iso que o alcalde e os representantes de SEA acordaron estudar a viabilidade dunha futura ampliación do parque empresarial público da Laracha, máis aínda tendo en conta a previsión de incremento da actividade no cercano porto exterior de Punta Langosteira.

 

Desde o Concello da Laracha agradecemos a visita de Beatriz Sestayo e, do mesmo xeito que sucedera coas anteriores xerencias de SEA, valoramos de xeito moi positivo a súa predisposición para alcanzar acordos e tomar medidas que beneficien o futuro industrial, empresarial e económico do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress