Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 16 de abril de 2019 | Leída 21 veces

Avanzan as obras de mellora da estrada a Areosa-A Balsa

Estase a ampliar a anchura da calzada ata os oito metros. Mellóranse as comunicacións tamén cara a zona da Piña, Berdillo e Sofán. O proxecto está valorado en máis de 130.000 euros...

[Img #48289]

 

A estrada que comunica os núcleos de A Areosa e A Balsa, na parroquia de Vilaño, está a ser obxecto dun proxecto valorado en máis de 130.000 euros e que suporá unha mellora substancial das comunicacións tamén cara o límite co municipio de Carballo na zona de A Piña, Berdillo e Sofán.

 

A plataforma da calzada está sendo aumentada nun tramo superior aos trescentos metros de lonxitude para alcanzar unha amplitude de oito metros, tres máis que os que contaba inicialmente.

 

Polas características desta vía, para poder aumentar a súa plataforma é preciso construír muros de escollera e instalar elementos de seguridade como biondas. Ademais, o proxecto contempla a mellora da rede de recollida de augas pluviais e a sinalización.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress