Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 16 de abril de 2019 | Leída 17 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Arrinca a Rede Cultural co maior orzamento da súa historia

O circuito ofrece 1.829 espectáculos nos concellos da Coruña…

[Img #48288]

 

A Rede Cultural da Deputación da Coruña continúa medrando e nesta nova edición ofrece un total de 1.829 espectáculos e proxeccións, para o que a a área de Cultura achega un orzamento de 2.202.184,98 €, 146.184,98 € máis que o ano anterior e máis do doble dos 976.496 € do ano 2015. A esta cantidade engádese a parte que asumen os propios concellos, o que fai da Rede o circuíto máis sólido da cultura galega.

 

A Rede Cultural suma 146.753,78 € de achega provincial con respecto ao pasado ano, o que a converte na edición con máis orzamento da historia, cun total de 2.202.184,98 € na parte que achega a Deputación da Coruña. Tamén en número de espectáculos e proxeccións, o circuíto do 2019 superará aos que o precederon, chegando a 1.829 espectáculos e proxeccións.

 

"A área de Cultura da Deputación da Coruña fixo un grande esforzo para consolidar un sector tan fundamental para a saúde da nosa cultura como é o das artes escénicas e musicais  e, desta maneira, duplicou o orzamento da Rede Cultural que ofrece unha programación de calidade en todos os concellos da provincia", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña,  Goretti Sanmartín Rei.

 

Na resolución de espectáculos que se desenvolverán a través do territorio dos concellos da Coruña inclúense un total de 625 actuacións do programa profesional "Escena ao Vivo" para os que a Deputación achega un total de 1.246.532,15 €. Desta oferta, 325  son espectáculos de teatro e monicreques, 241 concertos e 59 actuacións de danza ao que compre sumar as 135 actuacións que os concellos solicitaron dentro da categoría "Lingua a Escena" para a promoción do galego por medio da cultura, un apartado ao que se destinan 100.458,05€ do orzamento provincial. A oferta inclúe tamén 138 proxeccións de cinema e contidos audiovisual do programa "Visións" cun orzamento da Deputación de 58.334,68 €.

 

Compañías e artistas como Ses, Sarabela Teatro, Gazafellos, o Mago Antón, Magín Blanco, Dios ke te Crew, Boabab Teatro, Os Quinquilláns, Pablo Díaz, Roi Casal, Xoán Curiel, Talía Teatro, Trópico de Grelos, Zenzar, Paco Nogueiras, ButacaZero, Luar na Lubre, Iboprufeno Teatro, entre outras moitas, forman parte do catálogo da Rede Cultural desta nova edición.

 

En canto ao programa non profesional Alicerces, este ano programaranse 238 actuacións nos concellos da Coruña a través da Rede Cultural para o que a Deputación achegará un total de 153.924,10€.

 

Para entidades sen ánimo de lucro, este ano a través do programa Alicerces se desenvolverán 666 actuacións que a Deputación financia con 642.936 €. Desta maneira, todas as entidades reciben un espectáculo para incorporara as súas actiidades, non quedando excluídas ningunha das solicitudes que cumprían a convocatoria.

 

"O programa Alicerces supuxo un apoio de difusión da cultura que se está a facer desde o ámbito non profesional, na que hai milleiros de persoas comprometidas en todos os concellos, para nós, de especial relevancia na creación cultural de noso", explicou Goretti Sanmartín.

 

Se ben no caso das entidades foron concedidas a totalidade das solicitudes, no dos concellos, das 1.391 solicitudes de espectáculos atendéronse favorabelmente 1.163 actuacións.

 

A oferta deste ano incluía un catálogo de 1763 espectáculos, 404 máis que o ano anterior. Esta foi a primeira edición en que a Rede Cultural se abriu a todas as compañías e artistas de cultura galega, sempre que as actuacións se leven a cabo nos concellos da provincia.

 

A evolución da Rede Cultural, tal e como recolle un recente de intervención da Deputación da Coruña, pasou de 776.571 € para concellos en 2015 -no anterior mandato- a 1.559.248 en 2019, e na programación destinada a entidades, o orzamento pasou de 199.925 € en 2015 a 642.936 € na presente convocatoria. En total, polo tanto, a Rede conta cun orzamento nesta edición de a 2.202.184 €, máis do doble dos 976.496 € do ano 2015.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress