Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 14 de abril de 2019 | Leída 23 veces

Os trens turísticos de Galicia contan cun novo punto de información en Santiago de Compostela para a venda de billetes

Está situado no Mosteiro de San Martiño Pinario e enmárcase na colaboración entre a Xunta, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico...

[Img #48265]Os Trens Turísticos de Galicia contan cun novo punto de información en Santiago de Compostela para a venda de billetes, dentro do marco da colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para promover o turismo de Galicia e o ferrocarril como medio de transporte.

 

Con vistas á sétima tempada que dará comezo en xuño habilitouse esta oficina situada na entrada museística do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde se informa e se comercializarán os billetes desta experiencia turística que permite percorrer Galicia en tren a través de máis de dez itinerarios tematizados baseados en recursos como o patrimonio natural, a enogastronomía, a Ruta da Camelia, a Ruta da Lamprea ou a cultura galega. Cada unha das rutas pódese realizar nunha única xornada e, ademais da viaxe en tren, ofrece servizo de guías especializados durante todo o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas a todos os puntos de interese.

 

O horario de funcionamento deste punto de información en tempada baixa é de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 horas de luns a venres. O sábado abrirase tamén pola mañá, de 11:00 a 15,:00 horas. Durante a tempada alta e coincidindo co funcionamento da nova edición dos Trens Turísticos de Galicia -de xuño a outubro- o horario ampliarase de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 20:00 horas de luns a venres e os sábados será de 10:00 a 15:00 horas.

 

Nestas semanas estase a dar información sobre o produto así como comercializando o resto de servizos de Renfe, trens de Media e Longa Distancia e Internacionais. Os billetes dos trens turísticos poñeranse á venda en datas próximas e, amais de nesta oficina, tamén poderán adquirirse na páxina web de Renfe ou a través de axencias de viaxes concertadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress