Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 14 de abril de 2019 | Leída 34 veces

Celsa Atlantic urbanizará o entorno da planta siderurxia do parque empresarial

A sociedade está a concluír o procedemento de contratación das obras proxectadas. Mellorarase substancialmente o ámbito, especialmente a estrada de acceso aos núcleos de O Cruceiro e O Igrexario da parroquia de Lendo. O Concello da Laracha aplaude esta iniciativa...

[Img #48264]

 

Celsa Atlantic, sociedade pertencente á multinacional española Celsa Group e titular da planta siderurxia emprazada no parque empresarial da Laracha, está a concluír o procedemento de contratación do proxecto de urbanización do entorno da factoría en desenvolvemento do plan parcial SAU Z-12, tal e como foi comunicado ao Concello.

 

Dito proxecto afecta a unha superficie de 172.380 metros cadrados e suporá unha optimización substancial na ordenación e estado actual dese ámbito. Con isto alcanzarase o dobre obxectivo de facilitar os accesos na entrada principal á planta ao mesmo tempo que se producirá un maior aproveitamento dos espazos públicos dispoñibles, integrándoos na configuración urbanística do entorno e, así, ofrecer novos servizos e infraestruturas accesibles e funcionais á veciñanza en xeral do municipio.

 

As actuacións proxectadas afectan de xeito moi especial á estrada de acceso aos núcleos de O Cruceiro e O Igrexario da parroquia de Lendo e que discorre fronte á factoría. A vía será ampliada, novamente pavimentada e dotada con beirarrúas, áreas verdes, espazos de aparcamento público de vehículos, mobiliario urbano  (bancos, papeleiras, farolas, etc.) e a correspondente sinalización horizontal e vertical. Ademais, realizaranse as canalizacións soterradas para as redes de abastecemento de auga, saneamento de residuais, servizo de iluminación pública e telecomunicacións.

 

O proxecto que acometerá Celsa Atlantic está valorado en preto de 1,9 millóns de euros e terá un prazo de execución de dezaoito meses.

 

O Concello da Laracha aplaude esta iniciativa que traerá consigo unha substancial mellora nas infraestruturas públicas nese sector do polígono industrial, onde tamén se sitúa o centro de emerxencias municipal de recente creación e que terá un acceso directo desde a estrada que vai ser mellorada.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress