Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 13 de abril de 2019 | Leída 22 veces

O Concello renova as zonas de aparcamento público na avenida Bergantiños de Paiosaco

O tramo urbano da estrada AC-552. Estanse a adaptar as beirarrúas e o pavimento para reorientar o estacionamento e facelo marcha atrás como medida de reforzamento da seguridade viaria. A actuación está valorada en máis de 92.000 euros...

A Avenida de Bergantiños –o tramo da estrada AC-552 ao seu paso pola vila de Paiosaco- está a ser obxecto dunha intervención promovida polo Concello da Laracha e que suporá unha substancial mellora da seguridade viaria.

 

A obra consiste na completa renovación dos bordes da calzada en ambas marxes da vía para reordenar as zonas de aparcamento público de vehículos. Para unha maior seguridade viaria, orientaranse os novos estacionamentos para aparcar marcha atrás -tal e como se recomenda actualmente para facilitar posteriormente a incorporación á estrada- en lugar de facelo en oblicuo e cara adiante como na actualidade.

 

Contémplase, ademais, a renovación do pavimento neses espazos de estacionamento, a adecuación dos bordes das beirarrúas e a correspondente sinalización horizontal e vertical.

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable das áreas de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, comprobaron persoalmente o desenvolvemento das actuacións, que están acometéndose de xeito simultáneo en diferentes puntos de intervención.

 

O proxecto está valorado en máis de 92.000 euros e está a ser executado pola construtora SYR-AMG

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress