Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 13 de abril de 2019 | Leída 53 veces
BNG

O BNG aposta por unha candidatura comprometida co benestar da veciñanza de Arteixo

O BNG de Arteixo presentou hoxe o primeiro tramo da candidatura para as municipais do vindeiro 26 de maio. Xurxo Couto, actual concelleiro, é o número 1 da lista e candidato á alcaldía...

O BNG de Arteixo presentou onte o primeiro tramo da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio nun acto público que ateigou o auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías da localidade. Un total de seis nomes forman parte deste primeiro avance da candidatura, encabezada polo actual concelleiro nacionalista, Xurxo Couto.

 

Xurxo Couto é o único que repite nas primeiras posicións de lista, presentando o BNG de Arteixo un primeiro tramo renovado, de futuro, con xente nova, ilusionada e disposta a traballar pola calidade de vida dos veciños e veciñas de Arteixo. O resto de nomes que acompañan a Couto nunha candidatura paritaria son Raúl Fernández, de Morás (número 2); Lara Vieites, de Meicende (número 3); Alberto Abeleira, do Rañal (número 4); Paula Gutiérrez, de Arteixo (número 5), e Celia Regueira, de Chamín (número 6).

 

Durante o acto de presentación, Xurxo Couto avanzou algunha das ideas claras do programa do BNG de Arteixo, como son a planificación, o medio ambiente, o benestar social e a cultura. O candidato nacionalista resaltou a necesidade dun Arteixo de futuro e do século XXI, "un Concello para traballar e para vivir con calidade de vida, dinámico e emprendedor pero tamén san e limpo, onde non teñamos que sufrir deficiencias nos servizos básicos como a auga e o lixo".

 

Outra idea clave do pograma do BNG de Arteixo é a transparencia e a participación cidadá. "Temos as ideas claras e sabemos como afrontar os retos coa ilusión, firmeza e responsabilidade que se merece a nosa veciñanza, coa que tamén contaremos", afirmou Couto.

 

Como parte desta idea de participación, o BNG habilitou un formulario anónimo na web e redes sociais chamado "O Arteixo que precisamos" para que a veciñanza envíe as súas inquedanzas. As suxestións valoraranse para poder incluír as preocupacións de todas e todos no programa final do BNG de Arteixo, que se presentará o vindeiro 4 de maio noutro acto público xunto coa candidatura completa para as municipais deste 2019.

 

Campaña eleccións xerais

O acto público deste venres 12 de abril en Arteixo tamén supuxo a presentación na localidade dos candidatos do BNG ao Congreso nas vindeiras eleccións xerais do 28 de maio. Néstor Rego (candidato número 1) e María Xosé Bravo (candidata número 2), arrouparon ao candidato á alcaldía de Arteixo, e recalcaron a importancia do voto ao BNG para que Galiza recupere a voz propia no Congreso.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress