Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de abril de 2019 | Leída 38 veces

Aprobadas as bases da convocatoria de incentivos para a contratación do persoal do obradoiro de emprego

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. As empresas ou particulares que contraten aos traballadores por un período de tres meses terán unha subvención de 1.500 euros. Na sesión tamén se concedeu licenza ao Arcebispado de Santiago de Compostela para a ampliación do cemiterio parroquial de Lendo...

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha, reunida onte en sesión ordinaria, acordou aprobar as bases da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea a favor dos alumnos traballadores do obradoiro dual A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego V.

 

Trátase da principal novidade no obradoiro que impulsan ambos Concellos e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria e que leva desenvolvéndose desde o pasado mes de decembro. Para favorecer a integración no mercado laboral dos participantes, e unha vez remate a súa aprendizaxe, as empresas ou particulares que os contraten por un período mínimo de tres meses e a xornada completa para desenvolver unha actividade profesional relacionada coa formación impartida no obradoiro, poderanse beneficiar dunha achega de 1.500 euros por cada traballador.

 

Cabe lembrar que no obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego V participan un total de vinte alumnos traballadores, dos cales dez forman o módulo de carpintería e moble e outros dez, o de pintura industrial en construción. Todos eles son persoas que se atopaban en situación de busca activa de emprego.

 

Unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o acordo da Xunta de Goberno, abrirase o prazo de un mes para que as empresas ou particulares interesados poidan participar nesta convocatoria de subvencións dirixidas a fomentar o emprego.

 

Na sesión da Xunta de Goberno Local tamén foi aprobado o prezo público da entrada para asistir á Festa-Homenaxe aos nosos maiores, que se celebrará o sábado 18 de maio no marco do programa municipal das Letras Galegas.

 

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento –consistente nun xantar con baile e música en directo- co propósito de facer unha homenaxe aos colectivos da terceira idade, persoas xubiladas ou pensionistas ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio. O carácter social da iniciativa xustifica o prezo público de dez euros establecido para a entrada, que está subvencionado polo Concello dado que o prezo por persoa ascende a 22,90 euros máis o IVE.

 

Salientar, por último, que foi concedida a licenza de obra ao Arcebispado de Santiago de Compostela para a execución do proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de Lendo. A actuación consistirá na construción de 24 novos panteóns.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress