Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de abril de 2019 | Leída 14 veces

Educación licita a segunda fase da ampliación do CEIP Otero Pedrayo por 508.500€ e seis meses de execución

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de licitar a segunda fase da ampliación do CEIP Ramón Otero Pedrayo por un importe de 508.498,12 euros e un prazo de execución de seis meses a contar desde o inicio das obras, tal como publicou onte o portal Contratos de Galicia...

O novo edificio contará con 3 aulas de infantil con aseos incorporados e cunha superficie total construída de 300 m². O módulo terá acceso desde o edificio construído na ampliación de 2015 a través dunha galería de paso con paramentos acristalados e máis cun espazo exterior de xogos cuberto. Ademais, contará con calefacción por chan radiante e con sistema de luminarias led de alta eficiencia enerxética. Ao tratarse dun volume independente, poderá executarse durante o curso escolar sen trastorno para a comunidade educativa.

 

Coa construción deste novo edificio a totalidade do alumnado de Infantil do centro contará cuns espazos máis confortables, accesibles e adaptados a este nivel de ensinanzas. No edificio antigo, dos anos 70, non dispoñían de aulas con aseo incorporado, entre outras comodidades.

 

Coa segunda fase queda completada a ampliación que na súa primeira fase supuxo a construción dun volume de 800 m² con 6 aulas de Infantil, unha sala de usos múltiples, dúas aulas de apoio e servizos comúns, así como cun espazo exterior de xogos con pavimento de caucho brando, cun custe de 1 millón de euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress