Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de abril de 2019 | Leída 71 veces
NATACIÓN

Alba finalista no Open de natación

Rematou o Campionato de España Open de Primavera, evento de gran nivel e moi importante para a natación absoluta de ámbito nacional, tanto pola esixencia do calendario competitivo coma pola calidade dos deportistas participantes...

[Img #48252]

 

A nadadora do Club Natación Arteixo, Alba Gómez Mesías acadou o resultado máis salientable na proba de 200 libre, na que foi finalista, mellorando a súa mellor marca en dúas ocasións.

 

A competición contou  con 10 sesións, con eliminatorias, semifináis e fináis, e Alba participou nun total de cinco probas. Empezou o sábado nadando 100 libre, proba na que acadou o 7º posto en categoría Absoluta Moza. O domingo participou na proba de 200 braza, rematando e quinta posición. O luns nadou dúas probas, 200 libre acadando posto de semifinalista mellorando a súa mellor marca persoal, e o 200 estilos (sétimo posto). Esa mesma tarde volveu a batir a mellor marca persoal na semifinal de 200 libre, acadando un posto para participar na Final B, que se celebrou o martes pola tarde, xunto coa semifinal de 100 braza, praza que obtivo nadando en boa marca na sesión de mañán.

 

Alba rematou o seu campionato competindo ó máis alto nivel nas dúas probas que se celebraron con 15 minutos de diferencia. No 200 libre acadou de novo o seu mellor rexistro, acadando a quinta posición. Na proba de 100 braza, baixou a marca da sesión da mañán nadando cunha increible actitude e finalizando de novo en quinto posto.

 

Esta foi unha boa experiencia competitiva para Alba Gómez, que xa leva, nada máis e nada menos, que vinte Campionatos de España representando ó seu club e ó deporte de máis alto nivel do Concello de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress