Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 12 de abril de 2019 | Leída 30 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Pontedeume acollerá en xuño a feira “Primavera no Camiño Inglés”

O municipio toma o relevo de Betanzos como sede do evento, que reunirá por terceiro ano aos 18 concellos polos que discorre este itinerario xacobeo. A feira contará con diferentes actividades que incluirán actuacións musicais, showcooking en vivo e degustación de distintos produtos típicos. Narón, Ordes, Culleredo, Betanzos e Oroso acollerán entre abril e xuño un circuíto de actividades culturais relacionadas co Camiño...

[Img #48251]

 

Pontedeume acollerá o sábado 22 de xuño a terceira edición da feira “Primavera no Camiño Inglés”, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Deputación co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

 

A feira e o circuíto de actividades culturais que se organizan arredor dela durante os meses de abril, maio e xuño foron presentados esta mañá na sede da institución provincial polo alcalde de Pontedeume e deputado provincial, Bernardo Fernández, os deputados responsables das áreas de Turismo, Xosé Regueira, e Economía, Antonio Leira, e a coordinadora do calendario cultural, Paula Cabaleiro, que coincidiron en destacar o éxito das dúas edicións anteriores do evento, celebrado en 2017 e 2018 en Betanzos, onde reuniu a miles de visitantes.

 

Unha gran carpa acollerá os dezaoito postos nos que os concellos polos que pasa o Camiño Inglés (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago) darán a coñecer a súa variada oferta turística con diferentes actividades que incluirán actuacións musicais, showcooking en vivo e degustación de distintos produtos típicos coma a tortilla de Betanzos, o pan de Carral, as troitas de Oroso, a proia de Pontedeume, a empanada de Neda ou o queique de Ordes, ofrecendo aos visitantes un completo percorrido gastronómico polos sabores máis característicos do Camiño.

 

“É unha honra para Pontedeume tomar o relevo deste evento, despois do éxito acadado nos dous últimos anos en Betanzos”; afirmou Bernardo Fernández, que apuntou que “unha zona cargada de historia”, a Alameda de Raxoi, acollerá a feira este ano.

 

Fernández apuntou que “o Camiño funde a súa pegada en Pontedeume dende o século XVI” e destacou “o importante impacto socioeconómico” que supón para o municipio, cun incremento progresivo do 30% anual de peregrinos nos últimos anos que fixeron que os rexistros oficiais pasaran de 2.600 camiñantes rexistrados en 2016 a máis de 5.000 o pasado ano.

 

No mesmo sentido incidiu o deputado de Economía, Antonio Leira, que subliñou que o Camiño Inglés é o itinerario xacobeo que máis medra. Citando datos dun estudo da Universidade da Coruña afirmou que cada peregrino gasta arredor de 50 euros diarios, o que para un concello como Oroso supón un impacto anual de máis de 600.000 euros.

 

“O Camiño e patrimonio, cultura, paisaxe…pero tamén economía para os concellos da provincia”, apuntou o deputado, recén chegado de Durham (Reino Unido), “a orixe deste itinerario, onde vimos de instalar as primeiras sinais que indican o Camiño Inglés en territorio británico.

 

Pola súa banda, o deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a condición da provincia coruñesa como “epicentro do Xacobeo” e subliñou o importante esforzo de promoción que a Deputación levou a cabo estes catro anos nos dous itinerarios que discorren integramente por territorio coruñés: O Camiño Inglés e a prolongación da fin do Camiño Fisterra-Muxía.

 

Regueira subliñou que o seu departamento vén de completar unha auditoría do Camiño que permitirá ao goberno provincial levar a cabo unha planificación  de cales son as accións a levar a cabo.

 

“Os camiños teñen que servir para unir, ser un punto de encontro para achegar cultura e experiencias”, afirmou Regeueira, que destacou a calidade da programación cultural que nos vindeiros meses percorrerá distintos municipios da provincia e que permitirá ao peregrino “atopar cultura viva, contemporánea, ao longo do Camiño”.

 

Un proxecto de creación artística arredor do Camiño

Paula Cabaleiro explicou a programación incluida no circuíto cultural “Do Camiño Vivido´19”, que  se desenvolverá en cinco municipios da provincia: Oroso, Narón, Culleredo, Betanzos e Ordes e que ten como obxectivo que o Camiño sexa un alicerce visible do noso patrimonio material e inmaterial.

 

“Despois do éxito da pasada edición, a Deputación en colaboración cos cinco concellos implicados, usando como vehículo de expresión a cultura contemporánea, pretende difundir e dar a coñecer os atractivos patrimoniais do Camiño Inglés”, explicou.

 

Este proxecto de creación artística arredor do Camiño utilizará o espazo público  para levar a cabo as súas representacións artísticas, nas que ademais o público terá un papel activo dentro do marco destas  actividades. Nesta edición, que comeza xa esta fin de semana, contarase con artistas de diferentes disciplinas artísticas.

 

O concello de Ordes será o encargado de abrir estas xornadas participativas os días 12 e 13 de abril da man de María Marticorena coa súa intervención artística e perfomance colaborativa “Heiche de tocar as cunchas” e a compañía de danza contemporánea Pisando Ovos, composta por Ruth Baldís e o DJ Jas Processor, propón a peza “Give it a spin” onde se mestura a música co baile.

 

Continúa a programación o  concello de Culleredo, onde os días 27 e 28 de abril a artista Nastasia Zurcher acompañada polo produtor e arreglista Adrián Saavedra presentarán o seu espectáculo “Un camiño de fusión e liberdade” seguido do espectáculo de danza e circo “Analepsis” de Paula Quintas CIA. Traspediante.

 

No mes de maio os concellos de Narón (venres, 3 de maio) e Betanzos (sábado, 4 de maio) tomarán o relevo coa obra “Velliñas” correspondente a compañía Inherente Teatro e a obra de danza contemporánea de Serdanza “Camiño a_” como a demostración de cociña en directo e degustación “Saboreando o Camiño Vivido” de Kike Piñeiro.

 

O concello de Oroso cerrará estas xornadas o 1 de xuño coa actuación musical por parte de Blues do país e a demostración de cociña e degustación de Guillermo Pérez.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress