Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de abril de 2019 | Leída 14 veces
CAMBRE

Cambre presenta un remanente de tesourería de casi 6 millóns de euros

O Concello de Cambre presenta un superávit de 1.509.909 millóns de euros, o que dá idea do bo estado económico no que se atopan as arcas públicas municipais…

O Concello de Cambre presenta un superávit de 1.509.909 millóns de euros e un remanente de tesourería de 5.989.233 euros, o que dá idea do bo estado económico no que se atopan as arcas públicas municipais.

 

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, anunciou onte pola mañá os datos económicos das arcas públicas que levan varios anos arroxando cifras positivas. Para o primeiro edil, estas cifras amosan a boa xestión económica pois lembra o gran investimento que se fixo e que grazas a estes datos se poderá seguir mantendo no Concello.

 

“Estamos satisfeitos porque tivemos que facer fronte á débeda herdada e pese a iso se fixeron investimentos importantes, garantindo e aumentando os servizos públicos. Para iso fixemos unha  xestión dos recursos económicos responsable e que deu seus froitos posto que aumentamos os investimentos e ao mesmo tempo reducimos a débeda”.

 

Doutra banda, no que respecta á débeda pública esta sitúase a data 31 de decembro de 2018 en 2.207.911 euros. O goberno local asegura que volverá reducila ao mínimo posible en 2019, deixando ao Concello practicamente sen débeda viva para 2020.

 

Patiño, lembrou que é importante que o Ministerio Facenda e Administracións Públicas e a Federación Españolas de Municipios e Provincias (FEMP) melloren e sexan máis flexibles coaa norma que permite ás entidades locais con superávit destinar parte desta cantidade a investimentos. Ata agora, debido ás imposicións da Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, as corporacións locais destinan parte deste remanente positivo de tesourería á amortización de débeda.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress