Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de abril de 2019 | Leída 13 veces

A Deputación adxudica por 255.517 euros as obras de construción da nova ponte sobre o río Mero que unirá os concellos de Oza-Cesuras e Abegondo

As obras suporán a eliminación definitiva da ponte vella, un punto negro de tráfico debido ao estreitamento da calzada, e completarán a ampliación levada a cabo no resto da estrada DP 0106. Completarán os traballos de ampliación executados pola Deputación no resto da estrada, deixando unha anchura de vía uniforme en todo o percorrido e mellorando notablemente as condicións de seguridade da estrada, que conta cun elevado volume de tráfico, xa que comunica dous concellos limítrofes...

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 255.516,97 euros as obras de construción dunha nova ponte na DP 0106 sobre o río Mero, no lugar de A Barcia (Cines), que conecta os termos municipais de Oza-Cesuras e Abegondo.

 

As obras supoñen a recuperación dun proxecto importante que ten como obxectivo a eliminación dun punto negro de tráfico, debido ao estreitamento repentino da plataforma do vial sobre ponte vella, o que ocasiona dificultades para o paso de dous coches simultaneamente. Asemade, completarán os traballos de ampliación executados pola Deputación hai algúns anos no resto da estrada, deixando unha anchura de vía uniforme en todo o percorrido e mellorando notablemente as condicións de seguridade da estrada, que conta cun elevado volume de tráfico, xa que comunica dous concellos limítrofes.

 

O proxecto inclúe as adaptacións requiridas por Augas de Galicia, entre as que se inclúen a protección dos taludes dos estribos mediante muros de escollera e a habilitación dun paso para pescadores.

 

A nova ponte contará con dous carrís de 3,25 metros, arcén de medio metro, beirarrúas de 1,55 m. e barreiras de protección con baranda metálica, o que supón unha anchura total de 9,55 metros. A cimetación realizarase con 10 pilotes de 1 metro de diámetro e 8 metros de lonxitude no estribo.

 

O taboleiro consistirá nun forxado de 4 vigas en doble T, sobre o que se disporá unha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa e as beirarrúas, de lousas de formigón, que contribuirán tamén a mellorar a seguridade peonil na zona.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress