Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de abril de 2019 | Leída 15 veces
CARRAL

As bibliotecas municipais de Carral celebran o Día do Libro

9 Contacontos, agasallos, visitas, lecturas. Durante este mes, as bibliotecas do Concello de Carral celebran o día do libro cun montón de actividades para todas as idades...

Os nenos da escola infantil “A Galiña Azul” estiveron con nós o día do libro infantil. Visitaron a biblioteca e compartimos xogos e lecturas.

 

Para os alumnos de infantil do CEIP Vicente Otero e o CEIP de Tabeaio, Trinketrinke teatro ten preparada unha sesión moi especial. A biblioteca municipal recibirá ós nenos de tres a cinco anos que gozarán con dúas sesións: O Rato Canguro e Paxariños. Será o día 24 de abril.

 

Non podemos esquecer o contacontos do último xoves de mes, o 25 de abril, “Unhas botas misteriosas” con Pillo e Carolina. Será na Biblioteca Municipal ás 18:00 horas e será necesario retirar convites 48 horas antes.

 

Durante este mes comezamos a VIII campaña Libros Solidarios que se estenderá dende o 15 de abril ata o 7 de maio e na que todos os interesados poderán entregar nas bibliotecas libros usados en bo estado.

 

A finalidade desta campaña é que durante a Festa do Pan (que se celebrará na nosa localidade os días 10 e 11 de maio) estes libros, se cambien por alimentos non perecedeiros que os Servizos Sociais do Concello repartirán entre os máis necesitados.

 

Por outra banda todos os usuarios que durante este mes se acheguen polos bibliotecas terán a oportunidade de levar un libro como agasallo.

 

Papeques remata esta semana cun espectáculo musical e outro para bebés

O programa Papeques 2019 conclúe esta semana con dúas funcións que terán lugar na sala do edificio social Toñito Espiñeira de Carral.

 

Camiños é un espectáculo musical e un libro-disco a cargo de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia dedicados ao publico infantil e xuvenil. Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos. Este espectáculo terá lugar o xoves 11 de abril, ás 18:00 h. e está dirixido a público infantil e familiar.

 

Títeres Babaluva presentará para bebés (de 0 a 3 anos) A alfombra máxica, un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear… As prazas para asistir a este espectáculo sensorial son limitadas, polo que é necesario recoller previamente as entradas na Casa da Cultura. A alfombra máxica presentarase o venres 12 de abril ás 18:00 h.

 

Con estas dúas funcións finaliza a segunda edición deste ciclo de cine e espectáculos infantís, que ata o momento conseguiu un total éxito de público.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress